Air Greenland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Air Greenland
Air Greenland logo.svg
IATA
GL
OACI
GRL
Indicativo
GREENLAND
Fundación1960 (como Grønlandsfly)
Frota31
Destinos67
HoldingSAS Group
Eslogan da compañíaFlies you safely to Greenland
Sedeaeroporto de Nuuk, Nuussuaq
Páxina web: http://www.airgreenland.dk/

Air Greenland A/S, tamén coñecida como Greenlandair, é a aeroliña nacional de Groenlandia. É subsidiaria do SAS Group, e pertende a este grupo, ao goberno groenlandés e ao goberno danés. Opera unha frota de 32 avións, incluídos un avión de pasaxeiros para voos transatlánticos e chárter, 9 pequenos avións usados principalmente na súa rede doméstica, e 22 helicópteros para levar pasaxeiros dende as pequenas comunidades ata os aeroportos domésticos. Os voos a heliportos nos asentamentos remotos son operados por contrato co goberno de Groenlandia.

Fundada en 1960 como Grønlandsfly, a aeroliña comezou a operar con hidroavións Catalina. Nunca década expandíuse e fíxose con varios DHC-3 Otter e helicópteros Sikorsky S-61, algúns dos cales aínda están en servizo. A meirande parte das operacións estiveron baseadas nos helicópteros ata que comezou a gobernar a nova administración groenlandesa en 1979, que comezou a investir nunha rede de pequenos aeródromos. Foi un proceso moi custoso, e as taxas aeroportuarias de Groenlandia aínda están entre as máis caras do mundo;[1] isto tamén requeríu unha nova frota: os turbohélices DHC-7 estaban especialmente adaptados ao terreo duro e ás condicións meteorolóxicas de Groenlandia. A fiabilidade das conexións mellorou cando a rede de aeroportos domésticos aumentou nos anos 90: o uso cada vez maior do Dash 7 fixo que a aeroliña estivese menos limitada polas inclemencias do tempo. A finais dos 90 e principios dos 2000, Air Greenland mercou un Boeing 757 e un Airbus A330, permitíndolle abrir conexións cara Copenhague, que ata ese momento estaban operadas por SAS e continuou facéndoo ata finais dos 2000. A día de hoxe a aeroliña compite con Air Iceland nas conexións internacionais e os pequenos servizos chárter domésticos.

Ademais dos servizos regulares e dos voos contratados polo goberno á meirande parte de vilas do país, a aeroliña tamén dá apoio a estacións de investigación remotas, proporciona servizos chárter para turistas e industrias mineiras e de enerxía e pode realizar evacuacións médicas durante emerxencias. Air Greenland ten sete subsidiarias: unha aeroliña, hoteis, touroperadores, unha axencia de viaxes especializada no turismo de Groenlandia e a Arctic Umiaq Line, un servizo de ferris subvencionado polo goberno.

Historia[editar | editar a fonte]

Anos 60[editar | editar a fonte]

A aeroliña fundárona o 7 de novembro de 1960 como Grønlandsfly A/S Scandinavian Airlines System e Kryolitselskabet Øresund, unha compañía mineira danesa envolta nas operacións de criolita en Ivittuut para proporcionar transporte e loxística para catro bases de radares estadounidenses en Groenlandia. En 1962, intereses foron adquiridos intereses na firma polo Consello Provincial (no presente o Goberno Greenlandés) e o Departamento Real de Comercio de Groenlandia. (now KNI).[2]

Os primeiros voos en servir ás bases estadounidenses en Groenlandia foron operados polos lixeiros DHC-3 Otter e polos helicópteros Sikorsky S-55 fletados dende o Canadá.[2] Despois dun accidente en 1961, Grønlandsfly usou hidroavións PBY Catalina e DHC-6 Twin Otter nas rutas domésticas. Un dos Catalina estrellouse en 1962. En 1965 o Douglas DC-4 converteuse no seu avión máis grande de liña. Foi seguido por helicópteros Sikorsky S-61, que aínda están en uso: en 2010 aínda servían ás comunidades do municipio de Kujalleq durante todo o ano e ás de Disko Bay durante o inverno.

Anos 70[editar | editar a fonte]

DHC-6 Twin Otter

Durante os anos 70 Grønlandsfly actualizou os seus DC-4 cara os novos DC-6,[3] pero centrouse principalmente en expandir a súa frota de helicópteros, mercando cinco S-61 máis. Cara 1972 iniciou os servizos cara o leste de Groenlandia cun helicóptero baseado en Tasiilaq, e creou Greenlandair Charter. A mineiría en Maamorilik, no fiorde de Uummannaq, requiría aínda máis helicópteros, e a aeroliña mercou varios Bell 206 para a ruta. Grønlandsfly conseguiu un contrato co goberno danés para realizar misións de recoñecemento en relación co xeo que rodeaba Groenlandia.[3]

Cara finais de 1979 o número de pasaxeiros anuais de Grønlandsfly superaba os 60 000,[3] máis que a poboación de Groenlandia. Ese ano abríuse a primeira ruta internacional da aeroliña, voando dende a capital, Nuuk, e a cidade de Iqaluit, no norte do Canadá. A ruta foi operada xunto coa aeroliña canadense First Air, pero os avións ían xeralmente baleiros polo que se cancelou 13 anos despois.[4]

Anos 80[editar | editar a fonte]

O establecemento do Goberno autónomo de Groenlandia en 1979 levou a investmentos nunha rede rexional de verdadeiros aeroportos, con aeródromos para aterraxes e engalaxes curtas (STOL) construídos en Nuuk, Ilulissat e Kulusuk.[4] Estes primeiros aeroportos foron construídos sen equipo para eliminar o xeo, unha situación que demostrou ser problemática durante os invernos e continua a causar atrasos e pardas á aeroliña. Nesa década tamén apareceu o tren e contratáronse aos primeiros pilotos nativos.[4]

Para servir á aumentada rede, Grønlandsfly comezou a mercar DHC-7,[4] avións particularmente adaptados ás condicións meteorolóxicas de Groenlandia. O primeiro foi entregado o 29 de setembro de 1979, seguido por varios máis durante a década dos 80. Eses avións aínda están en servizo, voando a todos os aeroportos agás ao de Nerlerit Inaat, preto de Ittoqqortoormiit, que está operado por Air Iceland por un contrato co goberno autónomo.[5]

En 1981 Grønlandsfly inaugurou a súa primeira ruta a Islandia, unindo o aeroporto de Reiquiavik co seu centro de conexións principal en Kangerlussuaq, con escala en Kulusuk. En 1986 unha ruta a Keflavík permitíulle á compañía rematar o monopolio de SAS nos voos entre Groenlandia e Dinamarca, sendo a parte Keflavík-Copenhague operada por Icelandair.[4] Cara 1989 a aeroliña tiña empregados a máis de 400 groenlandeses e transportaba a máis de 100 000 pasaxeiros anualmente.[4]

Anos 90[editar | editar a fonte]

Boeing 757-200

A actividade da compañía reducíuse cando as minas de Ivittuut e Maamorilik pecharon, levando a unha recesión da economía de Groenlandia.

Cando a situación mellorou, a rede de aeródromos aumentou cos aeroportos de Sisimiut, Maniitsoq e Aasiaat no medio oeste, e cos de Qaarsut e Upernavik no noroeste.[6] Coa compra dun quinto Dash 7 Grønlandsfly era, por vez primeira dende a súa fundación, capaz de servir a todas as grandes cidades de Groenlandia.

Grønlandsfly tamén mercou o seu quinto reactor, un Boeing 757-200 que comezou a operar en maio de 1998. O avión foi bautizado Kunuunnguaq na honra do explorador e etnólogo groenlandés Knud Rasmussen.[6] O aparello permitíulle á aeroliña voar a rendible ruta Kangerlussuaq–Copenhague directamente, sen afiliados ou unha escala en Islandia. Así, en 1999 a aeroliña transportou 282 000 pasaxeiros, case o triplo do número que conseguira a finais da década anterior.[6]

Anos 2000[editar | editar a fonte]

Co cambio de milenio a aeroliña renovou novamente a súa frota, retirando varios dos seus helicópteros S-61 e Bell 206 e substituíndoos por Bell 212 e Eurocopter AS350.[6] A compañía tamén destituíu ao seu CEO Peter Fich, que fora incapaz de equilibrar as demandas do goberno groenlandés para o servizo local coas do consello de administración para aumentar o turismo.[7] Co seu subtituto, Finn Øelund, Grønlandsfly inicialmente rexistrou unha perda de 30 millóns de coroas danesas debido a que as obrigas contractuais mantiveron un servizo non rendible, unha folga arruinou a estación turística do verán, e Post Greenland deulle un lucrativo contrato de correo a Air Alpha Greenland, propiedade do goberno danés.[8] En resposta, a compañía desfíxose con éxito das grandes demandas do goberno autónomo, ds altas taxas e as baixas axudas[8] e cambiou a súa marca, pasando a chamarse Air Greenland e adoptando un novo logotipo e unha nova librea o 18 de abril de 2002.[9]

En 2003 Finn Øelund deixou a aerliña para dirixir Maersk Air e foi substituído como CEO por Flemming Knudson.[1] Air Greenland abriu unha ruta de Copenhague a Akureyri, en Islandia; o servizo durou seis anos antes de que finalmente fose considerado non rendible e cancelado. Tamén en 2003 SAS abandonou os seus servizos en Groenlandia, permitíndolle a Air Greenland mercar o seu segundo gran avión, un Airbus A330-200 bautizado Norsaq.[9] SAS recuperou brevemente o servizo en 2007[10] antes de abandonalo finalmente en 2009.[11] Debido á retirada de SAS do mercado, Air Greenland recibiu o seu contrato coa USAF para un servizo de pasaxeiros cara e dende a base aérea de Thule. Activo dende febreiro de 2004, o contrato renovouse por outro período de cinco anos en 2008 a pesar de que SAS regresou brevemente ao mercado.

A primeira toma de control doutra aeroliña tivo lugar o 18 de xullo de 2006, cando Air Greenland marcou a compañía Air Alpha Greenland, subsidiaria da danesa Air Alpha. Air Alpha Greenland operaba voos en helicóptero en Disko Bay e no leste de Groenlandia. Dende a toma de control, od Bell 222 adquiridos usáronse para transferencias de pasaxeiros entre o aeroporto de Nerlerit Inaat e o heliporto de Ittoqqortoormiit.

En 2007 Michael Binzer foi contratado como novo CEO. O 13 de xuño dese ano SAS anunciou a súa intención de vender as súas accións en Air Greenland,[12] un movemento que despois incorporou ao seu programa de reestruturación,[13] pero cara 2012 non atopara compradores. O 1 de outubro a aeroliña introduxo o seu sistema de billete electrónico, e tamén nese ano comezou un servizo directo co Aeroporto Internacional de Baltimore-Washington, nos Estados Unidos. Despois de que 60 visitantes estadounidenses se quedasen en terra por unha folga de traballadores de Air Greenland e de que a aeroliña rexeitase buscarlles unha alternativa para regresar, a venda de entradas desplomouse e a ruta foi cancelada en marzo de 2008.

No ano 2009 a aeroliña transportou a 399 000 pasaxeiros.

Anos 2010[editar | editar a fonte]

Nos anos 2010 Air Greenland reduciu algúns servizos. O 1 de xaneiro de 2010 suspendeu a súa participación no programa de viaxeiro frecuente de SAS EuroBonus, e no ano 2011 a ruta sen escalas entre Narsarsuaq a Copenhague foi cancelada.

Porén, planeouse algunha expansión. Co obxectivo de competir con Air Iceland, que realiza servizos dende Reykjavik ata Nuuk, Narsarsuaq, Ilulissat e a costa leste de Groenlandia[14] e no presente controla o 15% do mercado na rexión,[1] Air Greenland pode abrir unha ruta sen escalas entre Nuuk e o Aeroporto Internacional de Keflavik, en Islandia. Ademais, debido á mellora das tecnoloxías e aos prezos máis altos das materias primas, as minas de Maarmorilik foron reabertas en novembro de 2010, con reservas de zinc e ferro para uns 50 anos. Ao igual que na década dos 70, os voos de subministración á mina van ser operados por Air Greenland usando helicópteros Bell 212 baseados no heliporto de Uummannaq.

O derradeiro Twin Otter de Air Greenland foi vendido en 2011 a Norlandair a cambio de cartos e un 25% das participacións da aeroliña islandesa.

A reapertura da conexión con Iqaluit, hoxe en día a capital de Nunavut, foi considerada por Air Greenland a finais de 2009 e finalmente levouse a cabo no ano 2012.Porén, este servizo rematou en 2015.[15]

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de á fixa[editar | editar a fonte]

O Bombardier Dash 8 Q200 é o principal avión da aeroliña, operando en todas as rutas domésticas. En 2010 a aeroliña mercou o seu primeiro Dash 8. A frota de Air Greenland está formada polos seguintes avións:[16]

Frota de á fixa de Air Greenland
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Destinos Notas
C M
Total
Airbus A330-200 1 30 248 278 Copenhague – Kangerlussuaq
Chárter
Norsaq (OY-GRN)
Beechcraft B200 King Air 1 0 8 8 Ambulancia
Chárter
Amaalik (OY-PCL)
Bombardier Dash 8 Q200 7 0 37 37 Nuuk – Reykjavík-Keflavík
Domésticos
Chárter
Total 9

Frota de helicópteros[editar | editar a fonte]

O Bell 212 é o principal helicóptero usado para voos ás vilas dos distritos. Os vellos Sikorsky S-61N están estaionados no aeroporto de Ilulissat e no heliporto de Qaqortoq. Cunha capacidade para 25 persoas, os S-61 baseados no sur de Groenlandia eran usados para transportar aos pasaxeiros que chegaban de Copenhague ao aeroporto de Narsarsuaq. A venda do Boeing 757 en abril de 2010 contribuíu ao declive do aeroporto, planeando a aeroliña retirar este modelo da súa frota. Tres Bell 222 foron retirados do servizo e están estacionados no aeroporto de Kangerlussuaq á espera de ser vendidos.

Air Greenland Helicopter Fleet
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Rutas Notas
M
Total
Bell 212 8 9 9 Domésticas
Chárter
Eurocopter AS350 11 5 5 Domésticas
Chárter
Sikorsky S-61N 2 25 25 SAR[17] Serán retirados en 2017
Total 20

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Travel People (ed.). "Klar til konkurrence". Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1960-69". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1970-79". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1980-89". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 27 de xaneiro de 2017. 
  5. Icelandair Group (ed.). "Air Iceland". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Air Greenland (ed.). "Grønlandsfly 1990-99". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2017. 
  7. Travel People (ed.). "New Greenlandair President". Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 Travel People (ed.). "Greenlandair climbing towards new levels". Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 Air Greenland (ed.). "Air Greenland 2000-09". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  10. SAS (ed.). "SAS Danmark åbner rute til Grønland". Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  11. Sermitsiaq (ed.). "SAS lukker grønlandsrute". Consultado o 6 de febreiro de 2017. 
  12. SAS (ed.). "New direction will ensure SASs future". Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  13. E24 (ed.). "SAS-sjefen har stor tro på fremtiden". Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  14. Air Iceland (ed.). "Destinos de Air Iceland". Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  15. CBC (ed.). "Air Greenland cuts Nuuk-Iqaluit scheduled flights in 2015". Consultado o 8 de febreiro de 2017. 
  16. Air Greenland (ed.). "Frota". Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  17. Air Greenland (ed.). "Search and Rescue". Consultado o 8 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]