Saltar ao contido

Glauco (fillo de Sísifo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Glauco (fillo de Sísifo)
Tipopersonaxe da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Cargo ocupadoking of Corinth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMérope (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiSísifo Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEurínome (filla de Niso) Editar o valor en Wikidata
Fillo/aAlcimenes, Belerofonte, Deliades (en) Traducir, Chrysaor (en) Traducir e Piren Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

Glauco era, na mitoloxía grega, o fillo de Sísifo e Mérope, filla de Atlas. Sucedeu a Sísifo no trono da cidade de Éfira, hoxe Corinto.

Casou coa filla de Niso, Eurímede [1] ou Eurínome [2], e tivo un fillo, o heroe Belerofonte, que as tradicións consideran realmente fillo de Poseidón con Eurínome. De feito, Poseidón protexía a Belerofonte: cando este volvía de matar a Quimera para presentarse a Ióbates, este tendeulle unha trampa con intención de matalo, e para protexelo, Poseidón mandou grandes ondas que avanzaban tras el e asolagaron a chaira fronte ó palacio.

A sona de Glauco corresponde co momento e a forma da súa morte. Glauco fora vencido por Iolao, fillo de Ificles, nunha carreira de carros durante uns xogos fúnebres en honor a Pelias. Segundo Esquilo, puido morrer nun accidente da súa cuadriga durante a carreira ou durante o regreso a casa. Pero segundo outras tradicións, as eguas volvéronse rabiosas trala carreira, ben porque Glauco abeberou as eguas nunha fonte que resultou ser máxica, ben porque Afrodita as enfureceu como castigo a Glauco porque non as permitía aparearse, para que así fosen máis veloces; tamén se di que as alimentaba con carne humana para darlles forza nas carreiras pero como neste caso non lles tiña carne volvéronse contra el. O caso é que nese estado, as eguas o devoraron [3].

Corre outra lenda en torno a Glauco. Despois de beber nunha fonte cuxa auga confería a inmortalidade, ninguén o quixo crer por máis que el teimaba en dicirllo. Para demostralo botouse ó mar, e alí converteuse nun deus mariño que agoiraba a próxima morte a calquera mariñeiro co que se atopara.

  1. Segundo Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 9, 3.
  2. Segundo Hixino: Fábulas 157.
  3. "A Glauco, fillo de Sísifo, nos xogos fúnebres en honor a Pelias, as súas propias eguas devorárono (Hixino: Fábulas 250, 3).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]