Saltar ao contido

Laertes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laertes
 Instancia de
 Venerado por
Obra
 Representado por
Biografía
 Sexo
Actividade
 Cargo ocupado
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
 Fillo/a
Wikidata C:Commons

Laertes (Λαερτης) é, na mitoloxía grega, rei de Ítaca, fillo de Arcisio e Calcomedusa.

É famoso porque se considera nas obras de Homero como pai de Odiseo e Ctímene. Porén, tamén hai outras versións nas que Odiseo tería nacido da unión de Anticlea con Sísifo. Na Odisea aparece Laertes nun segundo plano, retirado e triste até a volta do seu fillo. Rexuvenecido entón o ancián monarca por Atenea, axuda ao seu fillo no preito de sangue xurdido contra os familiares dos pretendentes mortos. Pseudo-Apolodoro inclúeo no catálogo dos Argonautas.