Síndrome de sobrecrecemento bacteriano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Síndrome de Supercrecemento Bacteriano (SIBO)
SinónimoSíndrome de Sobrecrecemento Bacteriano do Intestino Delgado (SBBOS polas siglas en inglés)
EspecialidadeGastroenteroloxía
SíntomasNáuseas, sensación de inchazo na barriga, vómitos, diarrea, desnutrición, perda de peso
ComplicaciónsMalabsorción, anemia, deficiencias nutricionais
DuraciónVaría, pode ser crónico se non tratado
CausasCrecemento excesivo de bacterias no intestino delgado
DiagnósticoMedición de bacterias no xexuno, análise do alento
Condicións semellantesSíndrome do intestino irritable, Doenza de Crohn, colite ulcerosa
PrevenciónNon especificada
TratamentoDieta elemental, antibióticos, medicamentos proquinéticos
MedicaciónAntibióticos (por exemplo, rifaximina)
PrognoseBoa con tratamento, aínda que pode haber recidivas
FrecuenciaDescoñecida, pero estimada entre 6% e 15% da poboación (dependendo dos criterios diagnósticos)
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A síndrome de crecemento excesivo bacteriano, SIBO polas súas siglas en inglés (Small intestinal bacterial overgrowth),[1] é un trastorno caracterizado por un crecemento excesivo de bacterias no intestino delgado. A diferenza do intestino groso, que é rico en bacterias, o intestino delgado xeralmente contén menos de 10000 organismos por mililitro.[2] Os factores de risco inclúen dismotilidade, alteracións anatómicas intestinais e o uso de certos medicamentos.

Causas[editar | editar a fonte]

Na foto, bacterias clostridium perfringens (na foto), e. Coli o u algunhas especies de streptococcus poden ser causantes do SIBO

Certas persoas son máis propensas ao desenvolvemento de supercrecemento bacteriano debido a varios factores de risco.

Estes factores agrúpanse en catro categorías:

  • trastornos de motilidade ou cambios anatómicos no intestino delgado
  • trastornos do sistema inmunitario
  • interferencia coa produción de encimas proteolíticas, ácido gástrico ou bile,
  • condicións que causan un maior número de bacterias do colon para entrar no intestino delgado.

O uso de certos medicamentos, que se utilizan para reducir o ácido do estómago, tamén se asocia cun risco aumentado de desenvolver SIBO.

Diagnóstico[editar | editar a fonte]

O diagnóstico da síndrome de supercrecemento bacteriano habitualmente realízase mediante a proba de análise de alento, que é menos invasiva e máis segura que outras técnicas.

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento leva a cabo mediante unha dieta específica ou antibióticos, en ocasións seguidos de fármacos procinéticos se se sospeita que a causa é a dismotilidade.

Síntomas[editar | editar a fonte]

Os síntomas máis comúns son náuseas, sensación de inchazo na barriga, vómitos, diarrea, desnutrición, perda de peso e mala absorción intestinal.[3]

Doenzas relacionadas[editar | editar a fonte]

Estudos recentes sinalan que ata o 80% dos pacientes con síndrome do intestino irritable (SII) poden presentar SIBO2. Non obstante, o debate persiste sobre se os resultados anormais nas probas de alento na SII suxiren realmente a presenza de SIBO3.

Presenza en redes sociais[editar | editar a fonte]

É importante resaltar que, a pesar do crecente interese e discusión en redes sociais e foros de saúde en liña, a SIBO segue sendo unha doenza non moi ben definida con moitos aspectos aínda en investigación. As opinións dos expertos sobre a prevalencia, diagnóstico e tratamento do SIBO varían amplamente.[4][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Small intestinal bacterial overgrowth (SIBO) - Symptoms & causes". Mayo Clinic (en inglés). Consultado o 2023-07-29. 
  2. Quigley E, Quera R (2006). "Small intestinal bacterial overgrowth: roles of antibiotics, prebiotics, and probiotics". Gastroenterology 130 (2 Suppl 1): S78–90. PMID 16473077. doi:10.1053/j.gastro.2005.11.046. 
  3. Jan Bures, Jiri Cyrany; Rstl, Stanislav Rejchrt (2010-06-28). "Small intestinal bacterial overgrowth syndrome". World Journal of Gastroenterology (en inglés) 16 (24): 2978–2990. PMC 2890937. PMID 20572300. doi:10.3748/wjg.v16.i24.2978. 
  4. Ghoshal, Uday C.; Srivastava, Deepakshi (2014-03-14). "Irritable bowel syndrome and small intestinal bacterial overgrowth: meaningful association or unnecessary hype". World Journal of Gastroenterology 20 (10): 2482–2491. ISSN 2219-2840. PMC 3949258. PMID 24627585. doi:10.3748/wjg.v20.i10.2482. 
  5. Sachdev, Amit H.; Pimentel, Mark (2013-09). "Gastrointestinal bacterial overgrowth: pathogenesis and clinical significance". Therapeutic Advances in Chronic Disease 4 (5): 223–231. ISSN 2040-6223. PMC 3752184. PMID 23997926. doi:10.1177/2040622313496126. 
  6. Rezaie, Ali; Buresi, Michelle; Lembo, Anthony; Lin, Henry; McCallum, Richard; Rao, Satish; Schmulson, Max; Valdovinos, Miguel; Zakko, Salam (2017-05-01). "Hydrogen and Methane-Based Breath Testing in Gastrointestinal Disorders: The North American Consensus". The American journal of gastroenterology 112 (5): 775–784. ISSN 1572-0241. PMC 5418558. PMID 28323273. doi:10.1038/ajg.2017.46. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.