Sébastien Chabal
Sébastien Chabal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de decembro de 1977 |
Lugar de nacemento | Valence |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Emlyon Business School |
Ocupación | sportsperson, xogador de rugby e locutor de radio |
Na rede | |
http://www.sebastienchabal.fr | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sébastien Chabal, nado o 8 de decembro de 1977 en Valence, Drôme, é un ex xogador de rugby francés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogou como número 8 no equipo profesional francés Bourgoin (1998–2004), no equipo inglés Sale Sharks (2004–2009), no francés Racing Métro 92 Paris (2009–febreiro de 2012) e na selección de rugby de Francia. Gañou o seu primeiro torneo internacional o 4 de marzo de 2000 contra Escocia. Representou a Francia en 62 partidos marcando seis ensaios; dous contra Italia no Torneo das Seis Nacións 2007; un ensaio gañador do partido contra Inglaterra na Copa do Mundo de Rugby 2007; dous contra Namibia no Campionato do Mundo de Rugby de 2007 e un contra Italia no Torneo das Seis Nacións 2009. Foi un dos deportistas máis populares de Francia,[1] polo que moitos xornalistas franceses escibiron e falaron sobre a Chabalmania.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rodolphe Rolland (21 de novembro de 2008). Le Monde, ed. "Chabal ou mi-Chabal ?" (en French). France. Consultado o 26 de marzo de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sébastien Chabal ![]() |