Río Ésera
Tipo | río Lugar de importancia comunitaria | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Aragón, España | ||||
Localización | Pico da Maladeta | ||||
Final | |||||
División administrativa | Aragón, España | ||||
Localización | Río Cinca | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Conca hidrográfica | Conca do Ebro | ||||
Características | |||||
Dimensións | 99 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 123 km² | ||||
Área protexida da rede Natura 2000 | |||||
Identificador | ES2410046 | ||||
O Ésera é un río da comunidade autónoma de Aragón (España), afluente do Cinca, ao que se une pola súa beira esquerda, na área da conca do río Ebro, logo dun curso de 99 km.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Ésera nace na ladeira norte do macizo de La Maladetta, a 2.500 m de altitude. Atravesa no seu curso diversos concellos da provincia de Huesca, como Benasque e Campo.
É un río tipicamente pirenaico, alimentado polo glaciar do Aneto e o montante pluviométrico do seu val alto. Mostra un réxime pluvionival.
En Graus recibe un tributo importante do río Isábena pola esquerda. Máis abaixo, as súas augas son retidos pounha presa, o encoro de Barasona, que da orixe ao canal de Aragón e de Cataluña.
Hidronimia
[editar | editar a fonte]O nome Ésera, é posibelmente celta, común co Isar (Alemaña e Austria), o Jizera (República Checa), Isère (Francia), Isel (Austria), Yser (Bélxica), Ijssel (Países Baixos), Isarco (Italia), ou máis próximo, en Galicia, Ézaro, que corresponde ao nome antigo do río Xallas, hoxe conservado na localidade da súa desembocadura. Todos remontan a unha raíz indoeuropea *eis- "correr".