Rusty Schwimmer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1962 (62 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Educación | New Trier High School |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de televisión, actriz de cinema |
Período de actividade | 1988 - |
Rusty Schwimmer, nada o 25 de agosto de 1962 en Chicago, Illinois, é unha actriz de cinema e televisión ademais de cantante. O seu papel que lle proporcionou máis renome foi como Barbara Ludzinski en The Guardian.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre os seus papeis en filmes destaca como Joey B en Jason Goes to Hell: The Final Friday, como Sra. Thornton en Twister, Srta. Pendleton en Amistad, Alice en EDtv, Irene Johnson en A tormenta perfecta, Betty en En terra de homes e Amelia Minchin en A princesiña.
Tamén son notábeis as súas aparicións en series de televisión como Parker Lewis Can't Lose, In The Heat of the Night, The Fresh Prince of Bel Air, Tales from the Crypt, Married... With Children, ER, Chicago Hope, Ally McBeal, Judging Amy, The X-Files, Gilmore Girls, CSI: Crime Scene Investigation, Shark, Criminal Minds, Heroes, Desperate Housewives, Private Practice, Six Feet Under entre outras.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1993 | Jason Goes to Hell: The Final Friday | Joey B | |
1995 | A princesiña | Amelia Minchin | |
1996 | Twister | Sra. Thronton | |
1997 | Amistad | Srta. Pendleton | |
1999 | EDtv | Alice | |
2000 | A tormenta perfecta | Irene Johnson | |
2003 | Runaway Jury | Millie Dupree | |
2005 | En terra de homes | Betty | |
2005 | Mozart and the Whale | Gracie |