Ruggiero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rugeiro»)
Ruggero
Personaxe de Orlando Furioso, epopea e óperas
Primeira aparición Orlando Furioso (1516)
Creador(es) Ludovico Ariosto
Información
Raza Humano
Sexo Masculino
Título Cabaleiro
Aliados Bradamante, Carlomagno
Inimigos Exército sarraceno
Cónxuxe Bradamante
Nacionalidade Sarraceno

Rugeiro[Cómpre referencia] , Ruggero ou Ruggiero[1] é un personaxe de Matteo Maria Boiardo en Orlando Innamorato e Ludovico Ariosto en Orlando furioso.

Boiardo cóntanos (introducíndolle ao comezo do seu segundo libro) que é un mozo guerreiro moi valente, descendente da liñaxe de Heitor (cuxo escudo, leva unha aguia branca nun campo azul) e de cuxos descendentes descenderá os Este, aos que vai dirixido o poema.

Rugeiro, é o irmán xemelgo de Marfisa e fillo de Rugeiro II. Á morte dos seus pais, é recollido polo feiticeiro Atlas. O seu cabalo, que ten unha mancha branca na testa, chámase Frontino, mentres que a súa espada é fada e chámase Balisarda.

Rugeiro, namorado da irmá de Rinaldo, Bradamante, promételle converterse ao cristianismo e unirse a Carlomagno para casar con ela, pero iso levaralle moito tempo, porque Rugeiro segue leal ao rei de África Agramante, a pesar de que o pai deste último, Troiano, é precisamente o que matara ao pai de Rugeiro en Aspramonte. A pesar das complicacións, debido a que Amone, o pai de Bradamante, estaba en contra do matrimonio, preferindo a Leone di Bisanzio, ao final os dous amantes conseguen casar e ser felices, unha vez que Rugeiro convértese en cristián.

No Cinque Canti de Ariosto, Rugeiro e Bradamante están de feito casados e Rugeiro convértese en campión de Carlomagno.

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]