Rugby Europe Championship 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En 2017 disputouse a edición inaugural do Rugby Europe Championship, o principal torneo de seleccións de rugby do continente europeo tralo Torneo das Seis Nacións. Este "Seis Nacións B" organizado por Rugby Europe é o campionato herdeiro da European Nations Cup disputada até 2016.

Participaron nesta edición do torneo as seleccións de Xeorxia, Romanía, Rusia, España, Alemaña e Bélxica.

Táboa[editar | editar a fonte]

Rugby Europe Championship 2017
Selección Puntos PX PG PE PP Bonus
1 Selección de rugby de Romanía Romanía 19 5 4 0 1 3
2 Selección de rugby de Xeorxia Xeorxia 19 5 4 0 1 3
3 Selección de rugby de España España 13 5 3 0 2 1
4 Selección de rugby de Rusia Rusia 9 5 2 0 3 1
5 Alemaña Alemaña 8 5 2 0 3 0
6 Bélxica Bélxica 2 5 0 0 5 2
A vitoria vale 4 puntos. O empate vale 2 puntos.
Os puntos bonus acádanse anotando tres ensaios máis que o rival, ou perdendo por sete puntos ou menos.

Resultados[editar | editar a fonte]

Xornada Data Local Resultado Visitante
1 11 de febreiro Alemaña Alemaña 41 - 38 Romanía Romanía
1 11 de febreiro Bélxica Bélxica 6 - 31 Xeorxia
1 11 de febreiro España España 16 - 6 Rusia
2 18 de febreiro Romanía Romanía 13 - 3 España España
2 18 de febreiro Bélxica Bélxica 18 - 25 Rusia
2 19 de febreiro Xeorxia 50 - 6 Alemaña Alemaña
3 4 de marzo Rusia 10 - 30 Romanía Romanía
3 4 de marzo España España 10 - 20 Xeorxia
3 4 de marzo Alemaña Alemaña 34 - 29 Bélxica Bélxica
4 11 de marzo Alemaña Alemaña 15 - 32 España España
4 11 de marzo Bélxica Bélxica 17 - 33 Romanía Romanía
4 12 de marzo Xeorxia 28 - 14 Rusia
5 18 de marzo España España 30 - 0 Bélxica Bélxica
5 19 de marzo Rusia 52 - 25 Alemaña Alemaña
5 19 de marzo Romanía Romanía 8 - 7 Xeorxia

Clasificación para a Copa do Mundo[editar | editar a fonte]

A suma dos resultados da edición 2017 e da edición 2018 do Rugby Europe Championship, excluíndo os de Xeorxia, contan como torneo clasificatorio para a Copa do Mundo de Rugby 2019 que terá lugar no Xapón. Non se teñen en conta os resultados da selección xeorxiana por estar xa clasificada. Tralo remate da edición 2018 o primeiro equipo irá directamente á Copa do Mundo, e o segundo equipo aínda terá unha segunda oportunidade para clasificarse na repesca.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]