Saltar ao contido

Rubén Arroxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRubén Arroxo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de decembro de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

Twitter: Ruben_Arroxo Editar o valor en Wikidata


Rubén Arroxo Fernández, nado en Lugo o 5 de decembro de 1985, é un político galego do BNG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado como aparellador e tamén como adestrador de atletismo, tivo diversas responsabilidades dentro da organización xuvenil Galiza Nova e formou parte da candidatura do BNG nas eleccións municipais de Lugo. Pertenceu á plataforma Miño Si, Gasolineira Non[1]. Foi candidato polo BNG á alcaldía de Lugo nas eleccións municipais de 2015[2], 2019[3] e 2023[4]. Logo dun acordo de goberno entre o PSdeG e o BNG, Arroxo converteuse en tenente de alcaldesa após a constitución dos consistorios o 15 de xuño de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]