Ruana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Carniceiro de Bogotá" de Ramón Torres Méndez, litografía que amosa a un home con ruana (á dereita).

A ruana (posiblemente do castelán que quere dicir "manta raída" ou do quechua ruana "tecido")[1] é un tipo de poncho solto sen mangas e aberto na súa parte central baixo o oco onde se coloca a cabeza de quen o viste, en forma de capote fabricado de maneira artesanal que se usa enriba doutras pezas, o cal ten forma cadrada ou rectangular e que no centro posúe un buraco para pasar a cabeza. A ruana é orixinaria dos Andes colombianos. En Colombia, a ruana constitúe a peza característica e tradicional do departamento de Boyacá elaborada inicialmente por indíxenas e mestizos e utilizada dende a época da colonia, aínda que tamén é elaborada nos departamentos de Cundinamarca, Antioquia, Nariño, Bogotá, Santander (Colombia), Norte de Santander e Caldas. En Venezuela é moi utilizada e elaborada nos estados andinos de Táchira, Mérida e Trujillo, utilizada dende a colonia por todos os habitantes venezolanos, actualmente só na rexión andina se mantén o seu uso tradicional.

Orixe[editar | editar a fonte]

A verba ruana é de orixe descoñecida, mais pode vir do castelán "ruana" en referencia a unha tea de la, irregular ou relacionada coa rúa. Porén, aínda que de maneira dubidosa, segundo ProColombia (former Proexport), a axencia oficial de Colombia ó cargo do turismo internacional e o investimento estranxeiro, a palabra ruana provén do muisca ruana quere dicir "terra de mantas", en referencia ós tecidos de la manufacturados polos muiscas e os timoto-cuicas.[2]

A orixe desta peza aínda é descoñecida. Algúns cren que se trata dunha fusión dos capotes españois coa manta ou chircate tradicional dos indíxenas muiscas, quen tiveron asentamento nos actuais departamentos de Boyacá, Cundinamarca e sur de Santander, sendo usada tamén por tribos dos timoto-cuicas; mentres que outros cren que se tomou ese nome dos panos que os españois trouxeron dende Ruán, en Francia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Orosco, Eujenio del Castillo i (1877). Vocabulario Paez-Castellano catecismo nociones gramaticales i dos platicas con adiciones, correciones i un vocabulario Castellano-Paez (en castelán). p. 19. Ruana, con r, es quechua tambien, quiere decir tejido. 
  2. "Proexport. Consultado o 2 de decembro de 2011". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 02 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]