Saltar ao contido

Romaría de San Benitiño de Lérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′57″N 08°37′56″O / 42.44917, -8.63222

Fieis ante a figura do santo.

A romaría de San Benitiño de Lérez é unha festa popular celebrada o 11 de xullo (día de san Bieito) no mosteiro de San Salvador de Lérez. A romaría, que se vén realizando desde 1929, está declarada festa de interese turístico de Galicia.

Historia e características

Interior do templo.

Os devotos do santo levan a cabo ritos para a sandación de todo tipo de enfermidades (especialmente espullas), co contacto de panos co aceite da lámpada que ilumina a imaxe do santo, considerado milaghreiro. Durante todo o día lévanse a cabo oficios relixiosos no templo. Os fieis fan ofrendas ao santo (especialmente cartos, galiñas e ovos), que son vendidos nunha poxa pola tarde.

Do outro lado do río hai festa popular, motivo polo cal hai decote barcas engalanadas cruzando o meandro do río Lérez pouco máis arriba da illa do Covo. Á parte dunha mexiloada tradicional, os fieis adoitan levar a súa comida. A romaría está amenizada por músicos: pandeireteiras pola mañá, gaiteiros pola tarde e verbena con orquestras pola noite.

Hai unha cantiga popular sobre a romaría:

Se vas ao San Benitiño
non vaias ao de Paredes,
que hai outro máis milaghreiro
San Benitiño de Leres