Romaría de San Benitiño de Lérez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A romaría de San Benitiño de Lérez é unha festa popular celebrada o 11 de xullo (día de san Bieito) no mosteiro de San Salvador de Lérez. A romaría, que se vén realizando desde 1929, está declarada festa de interese turístico de Galicia.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Os devotos do santo levan a cabo ritos para a sandación de todo tipo de enfermidades (especialmente espullas), co contacto de panos co aceite da lámpada que ilumina a imaxe do santo, considerado milagreiro. Durante todo o día lévanse a cabo oficios relixiosos no templo. Os fieis fan ofrendas ao santo (especialmente cartos, galiñas e ovos), que son vendidos nunha poxa pola tarde.
Do outro lado do río hai festa popular, motivo polo cal hai decote barcas engalanadas cruzando o meandro do río Lérez pouco máis arriba da illa do Covo. Á parte dunha mexilloada tradicional, os fieis adoitan levar a súa comida. A romaría está amenizada por músicos: pandeireteiras pola mañá, gaiteiros pola tarde e verbena con orquestras pola noite.
Hai unha cantiga popular sobre a romaría:
- Se vas ao San Benitiño
- non vaias ao de Paredes,
- que hai outro máis milaghreiro
- San Benitiño de Leres
(Versión recollida por Calros Solla)[1]
- Se vas ao San Benitiño,
- non vaias ao de Paredes,
- que é moito máis milagroso
- San Benitiño de Lérez
(Versión recollida por Ramón Cabanillas)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Solla, Calros (30 de decembro de 2014). "Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional" (PDF). Escrita contemporánea (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) (20. Actas da VII Xornada de Literatura de Tradición Oral: Amuletos e reliquias. Usos e crenzas): 110. ISSN 1989-7340.
- ↑ Cabanillas, Ramón (2020). Antífona da cantiga. Editorial Galaxia. ISBN 9788491516583.