Romano Floriani Mussolini
Romano Floriani Mussolini | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Romano Benito Floriani Mussolini | ||
Nacemento | 27 de xaneiro de 2003 | ||
Lugar de nacemento | Roma | ||
Altura | 1.88 metros | ||
Posición | Defensa, centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Lazio | ||
Carreira xuvenil | |||
–2016 | Roma | ||
2016–2021 | Lazio | ||
2018 | → Vigor Perconti (cedido) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2021– | Lazio | 0 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Romano Benito Floriani Mussolini,[1] tamén coñecido polos medios italianos como Mussolini Jr.,[2] nado en Roma o 27 de xaneiro de 2003, é un futbolista italiano que xoga como lateral dereito ou centrocampista na Lazio. É fillo da política Alessandra Mussolini, neto do pianista Romano Mussolini e bisneto do ditador fascista Benito Mussolini.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en 2003 en Roma, sendo o terceiro fillo de Mauro Floriani e da eurodeputada de Forza Italia, Alessandra Mussolini.[4][5] No seu bautismo, debido ao desexo de súa nai de que non se perdese o apelido "Mussolini", recibiu dous apelidos, despois dun acordo coas autoridades civís e a Igrexa católica para esta excepción á costume italiana e ás leis, que permitían só un apelido.[5][6][7] Ademais, recibiu como segundo nome "Benito", na honra do seu bisavó, o ditador italiano Benito Mussolini.[6] Foi educado na St. George's British International School de Roma e fíxose coñecido no país ao aparecer con súa nai no programa de televisión Ballando con le Stelle.[8][3]
Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira futbolística xogando nos equipos xuvenís da Roma antes de fichar pola Lazio cando tiña 13 anos.[4][9] En 2018 saíu cedido ao Vigor Perconti.[10] En marzo de 2021 asinou un contrato profesional coa Lazio ata 2024.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Benito Mussolini’s great-grandson joins Lazio’s Primavera" (en inglés). 3 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Mussolini Jr: «Alla Lazio il mio cognome non pesa, qui sono solo Romano»". Il Messaggero (en italiano). 3 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Great-grandson of fascist dictator Mussolini joins Lazio's under-19 team". The Guardian (en inglés). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Romano Mussolini, alla Lazio Primavera il figlio di Alessandra" (en italiano). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 "Chi sono Caterina, Clarissa e Romano, i tre figli di Alessandra Mussolini" (en italiano). 1 de decembro de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Il Duce’s name is all right for my son" (en inglés). 9 de outubro de 2003. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Landmark ruling means Italian mums can give children their surname" (en inglés). 10 de novembro de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Romano Floriani Mussolini alla Lazio, chi è il terzino della Primavera" (en italiano). 2 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Lazio, dalla Roma arriva il 2003 Floriani Mussolini" (en italiano). 10 de xullo de 2016. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Vigor Perconti: dalla Lazio arriva Floriani Mussolini" (en italiano). 3 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de agosto de 2021.
- ↑ "Lazio sign Benito Mussolini's great-grandson Romano Floriani Mussolini on deal until 2024" (en inglés). 24 de marzo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021.