Rohullah Nikpai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRohullah Nikpai

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1987 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Cabul, Afganistán Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCabul Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAfganistán Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso68 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntaekwondista Editar o valor em Wikidata
DeporteTaekwondo Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Taekwondo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Até 68 kg masculino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2011Campeonato Mundial de Taekwondo de 2011 (pt) Traducir
2010Jogos Asiáticos de 2010 (pt) Traducir
22 de agosto de 2008Taekwondo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Até 58 kg masculino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2006Jogos Asiáticos de 2006 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: rohullah-nikpai Editar o valor em Wikidata

Rohullah Nikpai (en dari: روح‌الله نیکپا) , nado o 15 de xuño de 1987 é un taekwondista afgán e dous veces medallista olímpico de bronce.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe hazara, Nikpai comezou o seu adestramento en Cabul con dez anos de idade.[1] Durante e guerra civil e por mor da violencia na capital, a súa familia deixou a cidade e asentouse nun dos campos de refuxiados de afgáns en Irán. En pouco tempo converteuse en membro do equipo de taekwondo para refuxiados afgáns. Regresou a Cabul en 2004 e continuou o seu adestramento en instalacións de adestramento olímpico proporcionadas polo goberno. Nos Xogos Asiáticos de 2006 celebrados en Doha, Qatar, Nikpai competiu na categoría de peso mosca, onde foi derrotado polo medallista de prata tailandés Nattapong Tewawetchapong na rolda dos 16.

Nikpai competiu nos Xogos Olímpicos de 2008 de Pequín na categoría de 58 kg, derrotando ao dous veces campión do mundo Juan Antonio Ramos de España, e obtendo finalmente a medalla de bronce, o cal supuxo a primeira medalla olímpica na historia de Afganistán. Converteuse nun heroe nacional, e ao seu regreso a Afganistán foi recibido no aeroporto por unha multitude de milleiros de persoas. O presidente de Afganistán, Hamid Karzai chamou a Nikpai inmediatamente para darlle os parabéns. Karzai tamén foi premiado cunha casa, un coche e outros luxos sufragados polo goberno.[2] "Agardo que isto envíe unha mensaxe de paz para o meu país logo de 30 anos de guerra", declarou Nikpai.[3][4] Nos Xogos Olímpicos de 2012, Rohullah competiu na categoría de 68 kg, onde foi derrotado polo iraniano Mohammad Bagheri Motamed; conseguiu outra medalla de bronce tras gañar ao británico Martin Stamper.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nikpai hopes his medal can serve as message of peace ESPN
  2. Amir Shah and Rahim Faiez (2008-08-20). Afghan medalist wins a house, cheers from country. Associated Press
  3. Amir Shah; Rahim Faiez (20 de agosto de 2008). "Afghanistan in awe after winning first Olympic medal.". USA Today. Associated Press. Consultado o 2008-08-20. 
  4. Athlete Biography of Rohullah Nikpai. beijing2008.cn

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]