Rodrigo Topiltzin Vizcaíno Bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rodrigo Topiltzin Vizcaíno Bravo, nado en XalapaVeracruzMéxico, o 23 de xaneiro de 1981, é un tradutor e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Lengua y Literatura Hispánicas pola Universidad Veracruzana e fixo o doutorado en Estudos  Clásicos e Medievais pola Universidade de Santiago de Compostela. É tradutor de linguas inglesa, francés e español a galega. Traduciu títulos para Rinoceronte e sobre todo para Urco editora, empresa editorial da que forma parte actualmente. Entre 2011 e 2013 foi tamén co-editor en Edicións Barbantesa.

Obra[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Contos da arcea, de Guy de Maupassant, 2013, Biblioteca virtual de literatura universal en galego (Bivir).
  • Carapuchiña vermella, de [[Charles Perrault, 2007, Rinoceronte Editora.
  • Contos de amor de loucura e de morte, de Horacio Quiroga, 2012, Urco Editora.
  • O xogo de Ender, de Orson Scott Card, 2011, Urco Editora.
  • Crónicas do mañá. 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción, de varios autores (antoloxía de José Miguel Sánchez “Yoss”), 2010, Urco Editora, en colaboración con Tomás González Ahola.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]