Saltar ao contido

Rodrigo Romaní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de novembro de 2016 ás 15:39 por Banjo (conversa | contribucións) (WP:PVN)

Modelo:Artista musical Rodrigo Romaní Blanco, nado en Noia o 16 de xullo de 1957, é un músico galego, membro durante 22 anos do grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu.

Traxectoria

Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 deixou o seu antigo grupo para publicar discos en solitario, nos que acostuma ter colaboracións. Publicou tres discos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012). É profesor de arpa no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

É un multi-instrumentalista (arpista, tamén toca a guitarra, o bouzouki e a ocarina), ademais de ser vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras, do dúo Sete Saias. Creou un trío musical chamado Lizgairo, xunto a Anxo Pintos e Xosé Liz.

En 2013 foi elixido para representar a SGAE no consello territorial.[1]

Vida persoal

Irmán da poeta e xornalista Ana Romaní, vive en Albeida (Outes)

Discografía

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas