Rodolfo Dirzo Minjarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodolfo Dirzo Minjarez
Nacemento26 de xuño de 1951 e 1951
Lugar de nacementoCuernavaca
Alma máterUniversidade do País de Gales
Ocupaciónacadémico, profesor universitario, biólogo e ecoloxista
PremiosFellow of the Ecological Society of America
Na rede
https://profiles.stanford.edu/rodolfo-dirzo
editar datos en Wikidata ]

Rodolfo Dirzo Minjarez, nado en Cuernavaca, México, o 26 de xuño de 1951, é un profesor de bioloxía, conservacionista, ecoloxista, divulgador da ciencia e investigador mexicano[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Cuernavaca, Morelos, México. Na preparatoria descubriu que a bioloxía o apaixonaba e a posibilidade de estar na natureza atraíalle moitísimo. Foi no seu último ano da carreira cando cursou botánica IV, na que se estudan as plantas desde a perspectiva da ecoloxía e a evolución, o que o levou a desenvolver a súa vida académica cara a área das plantas.[2]

É egresado da licenciatura de bioloxía da Universidade Autónoma do Estado de Morelos, onde elaborou a súa tese de licenciatura baixo a supervisión do botánico mexicano Francisco González Medrano, na que analizou o estado de conservación dos bosques da conca do río Balsas. Obtivo o seu título universitario en 1972. Ao finalizar a súa licenciatura introduciuse, como técnico académico, no laboratorio do Dr. José Sarukhán, na UNAM. Posteriormente, levou a cabo a súa mestría (1977) e doutoramento (1980) na Universidade de Gales, Gran Bretaña, estudando a ecoloxía evolutiva da relación entre plantas e animais, baixo o control do profesor John L. Harper.

No seu retorno a México sumouse novamente á UNAM, onde foi investigador no Instituto de Biología e Instituto de Ecología; así como tamén, Director da Estación Biolóxica Los Tuxtlas; Xefe do Departamento de Ecoloxía Evolutiva; e Coordinador do Posgrao no Instituto de Ecología. O seu traballo en Los Tuxtlas colaborou á declaración da Reserva da Biosfera de Los Tuxtlas. Desde 2005 é profesor no Departamento de Bioloxía da Universidade Stanford, onde tamén foi Director do Centro de Estudios Latinoamericanos.[3] É membro das xuntas de organismos como o Grupo de traballo sobre enfermidades zoonóticas da Unión Internacional de Ciencias Biolóxicas e o Stanford Biology Diversity Equity and Inclusion, entre outros. É membro da Academia Mexicana de Ciencias (2003), membro estranxeiro da Academia Estadounidense de Artes e Ciencias (2004) e da Academia de Ciencias de California (2008).

Liñas de investigación[editar | editar a fonte]

Enfocou o seu traballo nas consecuencias do impacto antropoxénico en ecosistemas tropicais, principalmente en temas de deforestación, fragmentación, perda de fauna e; en termos de perturbación de procesos ecolóxicos, as interaccións bióticas.[4][5]

Da mesma maneira, dita cursos de Conservación Biolóxica e Ecoloxía en Stanford; e de Diversidade Biocultural, este último lévase a cabo en Oaxaca, en colaboración coa UNAM, CONABIO e a Universidade da Sierra Juárez. Ademais, realiza traballo comunitario e internacional e mantén programas educativos en ciencias, dirixidos a estudantes de grupos minoritarios, de familias de inmigrantes en California.[3][6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Dirzo realizou distintas investigacións sobre a relevancia da conservación biolóxica e extinción masiva, temas sobre os que escribiu 260 publicacións incluíndo artigos especializados, capítulos de libros e libros editados.[7] Así mesmo, as súas publicacións máis recentes abordan o impacto humano sobre biodiversidade e recibiron ampla cobertura nos medios a nivel internacional.[3]

  • Riquezas Naturales de México. 2016.
  • Marco para la educación científica K-12: prácticas, conceptos transversales e ideas centrales. The National Academy Press., Washington, DC. 2012.[8]
  • Conservación biológica: perspectivas desde América Latina. 2011. [9]
  • Bosques tropicales estacionalmente secos: Ecología y Conservación. 2011. [10]
  • Biodiversidad en América Latina y el Caribe. 2010.
  • Diversidad, amenazas y áreas prioritarias para la conservación de las selvas secas del Pacífico de México. 2010.
  • Historia Natural de la Reserva de la Biosfera El Cielo. 2005
  • Fundamentos de conservación biológica. 2001.
  • Historia Natural de Los Tuxtlas. 1997.
  • Bosques tropicales: biodiversidad y funcionamiento de los ecosistemas. 1996.
  • Reservas de la Biosfera y otras Áreas Naturales Protegidas de México. 1995. [11]
  • México Ante los Retos de la Biodiversidad. 1992.
  • Ecología y Ecofisiología de Plantas en los Bosques Mesoamericanos. 1987. (Eds.).
  • Insectos y Plantas: Protagonistas de una Historia de la Vida. 1986.
  • Perspectivas sobre ecología de poblaciones vegetales. 1984. (Eds.). [12]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Pew Scholar: Conservación, The Pew Charitable Trust (1992)
  • Premio ó Servizo Destacado: Docencia, Organización de Estudios Tropicales (2002)
  • Premio Presidencial de Ecología, Secretaría de Medio Ambiente, México (2003)
  • Medalla de Honor en Ciencia, Congreso do Estado, Morelos, México (2015)
  • Mérito en Ecoloxía (Investigación), Sociedad Ecológica de México (2015)
  • Premio Miriam Arnold Rollan de servizo comunitario, Universidade Stanford (2016)
  • Medalla Alfonso L. Herrera: Científico distinguido, Universidade Autónoma de Puebla, México (2017)
  • Medalla ó Mérito en Investigación e Educación, Asociación Internacional de Biología Tropical (ATBC) (2017)
  • Medalla Presidente Miguel Alemán pola súa destacada labor en ecoloxía e problemas ambientais, Cidade de México (2017)
  • Medalla Luis Cifuentes, Federación Mexicana de Biólogos, Área de Investigación Puerto Vallarta, México (2020)[6]

Notas[editar | editar a fonte]