Roberto Taboada Rivadulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Taboada Rivadulla
Biografía
Nacemento30 de abril de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata


Roberto Jesús Taboada Rivadulla, nado en Pontevedra o 30 de abril de 1953, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio, traballou na Cidade Infantil Príncipe Felipe e foi membro do Consello de Administración de CRTVG.

Militante socialista desde 1981, foi elixido concelleiro de Pontevedra en 1987 na candidatura de Gonzalo Adrio Barreiro. Nos comicios electorais de 1991 e 1999 foi candidato á alcaldía, e saíu elixido de novo concelleiro. Amais, foi deputado no Parlamento de Galicia na III e IV lexislaturas (1989-1997). Tras as eleccións de 1999 o PSdG apoiou o goberno de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde do BNG. Retirouse da política en 2002, meses antes das eleccións municipais, por mor dun derramo cerebral.

Na década de 1980 cultivou a pintura, o deseño e o debuxo. En 1982 deseñou o cartel das Festas da Peregrina de Pontevedra, e foi seleccionado no II Certame Galego de Artes Plásticas. Como escritor foi finalista do Premio de Xornalismo Julio Camba en 1982. Trala súa retirada da política, adícase á escritura e foi comisario de diversas exposicións.

Obra[editar | editar a fonte]

  • O carballo e a súa historia: Pontevedra e a madeira (2008)
  • O monumento ós heroes de Pontesampaio e o seu contorno (2009; xunto a Arturo Hermida Samartín)
  • Fuentes de hierro pontevedresas (2010; xunto a Enrique Sotelo Resurrección)
  • 30 años de corporaciones municipales en Pontevedra (2010)
  • Mi familia (2014)
  • Das feiras aos gabinetes. A fotografía en Pontevedra 1865-1960 (2015)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]