Robert Siodmak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Siodmak
Nome completoRobert Siodmak
Nacemento8 de agosto de 1900
LugarDresden, Imperio Alemán
Falecemento10 de marzo de 1973 (72 anos)
LugarAscona, Locarno, Suíza
NacionalidadeAlemaña Alemaña
Cónxuxe(s)Bertha Odenheimer (1933-1973)
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]

Robert Siodmak, nado en Dresden (Alemaña) o 8 de agosto de 1900 e finado en Ascona (Suíza) o 10 de marzo de 1973 foi un director de cinema estadounidense de orixe alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Siodmak traballou como director de escena e como banqueiro antes de converterse en montador e guionista para Curtis Bernhardt en 1925. En 1929 convenceu o seu primo Seymour Nebenzal para que financiase o seu primeiro filme, Menschen am Sonntag, escrito polo seu irmán Curt Siodmak. Co ascenso do Nazismo, Siodmak, de orixe xudía, abandonou Alemaña para ir a París e finalmente a Hollywood, onde chegou en 1939.

Desde 1941 comezou a dirixir filmes de serie B para varios estudios antes de conseguir un contrato de sete anos con Universal Studios en 1943, na que adoitaba ser empregado para salvar producións problemáticas. O seu primeiro filme de serie A foi Cobra Woman en 1944. Ese mesmo ano dirixiu o seu primeiro filme negro, xénero que lle daría recoñecemento. En 1946 conseguiu unha candidatura ao Oscar ao mellor director por Os asasinos.

En 1952, trala problemática produción de O temible burlón marchou a Europa, onde dirixiu Die Ratten, Oso de Ouro no festival de Berlín, ou Nachts, wenn der Teufel kam. Volveu a Hollywood en 1967para dirixir Custer of the West, que foi outra decepción.

Finou en 1973, sete semanas despois do pasamento da súa dona.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]