Saltar ao contido

Robert Cochet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert Cochet
Biografía
Nacemento(fr) Robert Joseph Eugène Cochet Editar o valor en Wikidata
6 de maio de 1903 Editar o valor en Wikidata
5º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xullo de 1988 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Moulins, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngravador, medallista, escultor Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Cochet-111

Robert Cochet, nado en París o 6 de maio de 1903 e finado en Moulins, Allier, o 26 de xullo de 1988, foi un escultor, medallista e deseñador e gravador de moedas francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Robert CochetIl cursou estudos superiores de artísticos na Escola de Belas Artes de París, da man do seu tío Auguste Carli, escultor e profesor nesa escola.[1]

Perfeccionou a escultura no estudio privado do seu tío ata o falecemento deste en 1930 e logo especializouse na creación de medallas, moedas e pequenas pezas de bronce, e converteuse en colaborador de Lucien Bazor, gravador xeral de moedas de Francia.[1][2]

Cochet recibiu un diploma e unha medalla na Exposición Internacional de Numismática de Madrid de 1954 e foi nomeado socio perpetuo do Salón de Artistas Franceses, de París.[2]

Pódense atopar medallas súas nas coleccións do Museo de Arte da Universidade de Harvard,[3] do Museo Británico[4] e do Museo Chrysler.[2]

Robert Cochet incorpora nos seus traballos, a modo de sinatura, en ocasións unha marca co monograma CR e noutros casos a inscrición "R Cochet".[1][2]

Medalla na memoria de Lucien Bazor, sobre a tumba deste, deseñada por Robert Cochet

Escultura

[editar | editar a fonte]

En 1929 expuxo no Salón de Artistas Franceses un baixorrelevo en xeso titulado Jeune fille.[2]

Medallística

[editar | editar a fonte]

Como medallista, Cochet creou un gran número de medallas oficiais para a Cámara de Deputados e para o Senado de Francia, así como outras de carácter conmemorativo dedicadas a cidades, e cómpre salientar os seus máis de 130 retratos.[1][2]

Entre as medallas máis relevantes pódense citar as medallas do Consello da República (1946 e 1956), as da Asemblea Nacional (1951 e 1962)[1] ou a da "Defensa Pasiva 1939-1945", cuñada en bronce pola Monnaie de Paris.[2]

Cochet deseñou tamén unha medalla co retrato de Lucien Bazor, que decora a tumba deste no cemiterio de Châtenay-Malabry, preto de París.[5]

A Robert Cochet débeselle tamén o deseño de diversas moedas, como a francesa de 100 francos de cuproníquel que se cuñou entre 1954 e 1959, ou a dun franco de Mónaco cuñada a nome de Rainiero III entre 1960 e 1995. Así mesmo, actuou como gravador a partir de deseños doutros artistas en moedas doutros países, como é o caso da serie circulante dos Estados da África Central,[6] e outras de Laos, Vietnam, Iemen, Comores, África Occidental, Bolivia ou Grecia.[1][2]

Coa asunción do euro como moeda oficial por parte de Mónaco en 2002, para os anversos nacionais das moedas cos valores faciais de 1, de 2 e de 5 céntimos utilizouse un deseño de Robert Cochet, consistente no escudo de armas dos príncipes de Mónaco.[6][7]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Robert Cochet créateur de médailles et de monnaies (1903-1988)". Nicolas-salagnac.com
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Medalla Defensa Pasiva 1939-1945: Robert Eugène Joseph Cochet". Cartagenero.es
  3. "Robert Cochet. Paris 1903 - 1988". Harvard Art Museums.
  4. "Robert Cochet". The British Museum.
  5. "Lucien Bazor (1889-1974)". Cimetières de France et d'ailleurs: Châtenay-Malabry (92): ancien cimetière.
  6. 6,0 6,1 Moedas deseñadas e gravadas por Robert Cochet. Numista.com
  7. "Monaco euro coin designs". The Principality of Monaco (Monaco.me)
  8. "100 Francs Cochet, Pré-série 21mm". Numista.com
  9. "1 Franc - Rainier III". Numista.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]