Robert Adamson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Robert Adamson
Robert Adamson b1852.jpg
Nacemento19 de xaneiro de 1852
Lugar de nacementoEdimburgo
Falecemento8 de febreiro de 1902 e 5 de febreiro de 1902
Lugar de falecementoGlasgow
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónfilósofo
FillosMary Hamilton
editar datos en Wikidata ]

Robert Adamson, nado en Kingsbarns, en Fife en 1852[1] e finado en Manchester en 1902, foi un filósofo escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1855 morreu seu pai e xa aos 14 anos entra na Universidade de Edimburgo. En 1871 establece a súa residencia en Heidelberg, onde estuda a filosofía alemá, retorna a Edimburgo como asistente de Henry Calderwood e posteriormente de Campbell Fraser. En 1874 entra como colaborador na Encyclopaedia Britannica, e en 1876 é elixido catedrático de lóxica e filosofía no Owens College de Manchester. En 1893 exerce na Universidade de Aberdeen. En 1895 gaña a cátedra de lóxica na Universidade de Glasgow, onde exercera ata a súa morte.[1]

Os seus escritos consistiron en artigos curtos, moitos deles aparecidos na Encyclopedia; tamén elaborou un volume sobre Kant e outro sobre Fichte.

Obra[editar | editar a fonte]

En vida oublicáronse as seguintes obras:

  • On the Philosophy of Kant (1879)
  • Blackwood's Philosophical Classics. Fichte (1881)

Postumamente, publicáronse os seguintes títulos, que eran as súas leccións máis importantes cunha breve introdución biográfica

  • The Development of Modern Philosophy and Other Essays (1903)
  • The Development of Greek Philosophy (1908)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Robert Adamson". University of Glasgow. Consultado o 02-11-2018.