Rob Slotemaker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rob Slotemaker
Rob Slotemaker 1968.jpg
Rob Slotemaker en 1968
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Países Baixos Países Baixos
Anos en activo 1962
Escudería(s) Ecurie Maarsbergen
Grandes Premios disputados 1 (0 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1962
Derradeiro GP Gran Premio dos Países Baixos de 1962


Rob "Sloot" Slotemaker nado en Batavia o 13 de xuño de 1929 e finado en Zandvoort o 16 de setembro de 1979 foi un piloto de carreiras holandés.

participou nunha carreira do campionato do mundo de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, cun Porsche, pero o seu coche non estivo listo a tempo para a carreira. Foi substituído por Wolfgang Seidel.[1] Na década de 1960, Slotemaker competiu nas 24 Horas de Le Mans e foi piloto e conselleiro para a película Le Mans en 1970.

En 1956, estableceu a súa escola de manexo "antiderrapes" en Zandvoort, que aínda funciona hoxe en día.[2]

O 16 de setembro de 1979, no Circuíto Park Zandvoort, Slotemaker morreu cando chocou co seu Chevrolet Camaro durante a carreira de automóbiles de turismo "Trophy of the Dunes". O seu automóbil trompeou sobre unha mancha de aceite e chocou cun coche aparcado á beira da pista. Malia a relativamente pouca forza do accidente, resultou co pescozo roto e morreu ao instante.[3]

Unha sección do circuíto, leva o seu nome na súa memoria.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1962 Rob Slotemaker Porsche 718 Porsche 4 en liña NED
NPP
MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Thompson, "The Formula One Record Book", Frewin, 1974, pp. 84–85.
  2. Slotemakers Anti-Skid School Arquivado 28 de xuño de 2012 en Archive.is (Dutch)
  3. The Straits Times, 18 de setembro de 1979, p.26.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]