Rinoceronte (título orixinal en francés: Rhinocéros) é unha obra de teatro escrita por Eugène Ionesco en 1959. Está considerada como unha das obras máis destacadas do Teatro do absurdo.
A obra está escrita en francés, todos os personaxes, tanto principais coma secundarios representan personalidades definidas e ben recoñecibles.
Ao longo de tres actos, os habitantes dunha pequena vila de Francia vense convertidos en rinocerontes. A fígura principal da obra, Bérenges, un home común e sinxelo, a miúdo minusvalorado e criticado pola súa adicción ao alcohol, resulta ser o único humano que non desenvolve esta metamorfose.