Rinia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rinia
Ρήνεια
rinia desde Delos
Falkonera en Grecia
Falkonera
Falkonera
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaExeo Meridional
ArquipélagoCícladas
MarMar Exeo
Coordenadas37°25′N 25°13′L / 37.417, -25.217Coordenadas: 37°25′N 25°13′L / 37.417, -25.217
Xeografía
Superficie13´904 km²
Longura máxima7´5 km.
Largura máxima3´5 km.
Punto máis alto136 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Rinia o Rhenea grego: Ρήνεια é unha illa grega nas Cícladas. Atópase xusto ao oeste da illa de Delos da que lle separa unha canle duns 700 metros de anchura, e aínda máis ao suroeste da illa de Mykonos a 9 km, da que dependen administrativamente. A súa superficie é de 14 km². Tiña unha pequena poboación ata a década de 1980, pero actualmente está deshabitada. Tamén é denominada Gran Delos.

A orientación de Rinia é de norte a sur, cunha lonxitude de 8 km. Componse de dúas partes unidas entre elas por un istmo de 1´2 km de largo por 70 m de longo no seu punto máis estreito. Ten unha superficie total de 13´9 km². O seu punto culminante, situado na parte norte, alcanza os 136 m.

Na Antigüidade, foi conquistada por Polícrates de Samos e dedicouse ao culto de Apolo Delio. Tiña unha cidade do mesmo nome que a illa: Renea.

Servía de necrópole aos delios e de refuxio para as mulleres que estaban a piques de parir, pois o carácter sagrado de Delos prohibía que alí tivesen lugar nacementos e defuncións.[1][2]

Ata un pasado recente, estaba habitada por apenas unha vintena de persoas. Actualmente está deshabitada.

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]