Vicente Calderón Oreiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Vicente Pablo Calderón Oreiro, III 1821 Santiago de Compostela, España |
| Morte | 19 de setembro de 1888 Oín, España |
| 1875 – | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Fillos | Benito Calderón Ozores, Joaquín Calderón Ozores |
Vicente Pablo Calderón Oreiro, III conde de San Juan, nado en Santiago de Compostela en 1821 e finado en Oín (Rois) o 19 de setembro de 1888, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Militou no Partido Moderado e foi deputado polo distrito de Noia en 1857, polo de Vilalba en 1864 e polo de Mondoñedo en 1867. Retirouse da actividade pública durante o Sexenio Democrático. Na Restauración militou no Partido Conservador e foi elixido senador pola provincia de Lugo (1876-1877), e pola provincia da Coruña (1877, 1879-1880 e 1884-1885). Foi gobernador civil de Pontevedra e A Coruña. Finou no pazo de Antequeira, na parroquia de Oín (Rois) o 19 de setembro de 1888.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado con Carmen Ozores Mosquera, foi pai de José, Benito, Joaquín, Jacoba, María Dolores, Juan, Angel, Vicente e María del Carmen Calderón Ozores (que casou con José Riestra López).