Saltar ao contido

Ridhima Pandey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRidhima Pandey
Biografía
Nacemento2008 Editar o valor en Wikidata (15/16 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista (2013–), activista climática Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: ridhimapandey7 Instagram: ridhimapandeyy Editar o valor en Wikidata

Ridhima Pandey, nada en 2009, é unha activista da India que fai campaña para a acción contra o cambio climático. Foi comparada con Greta Thunberg.[1]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Pandey vive en Uttarakhand, un estado no norte da India. O seu pai, Dinesh Pandey, tamén é un activista climático que traballou en Uttarkhand nesta tarefa durante 16 anos.[2]

A casa de Pandey en Uttarakhand viuse afectada por un clima severo nos últimos dez anos. En 2013, máis de 1000 persoas morreron en inundacións e deslizamentos de terra.[3] Case 100.000 persoas tiveron que ser evacuadas da rexión.[4]

Segundo o Banco Mundial, é probable que o cambio climático aumente a presión sobre a subministración de auga na India.[5]

Activismo climático

[editar | editar a fonte]

Acción xudicial contra o Goberno indio

[editar | editar a fonte]

Ós nove anos, Pandey presentou unha demanda contra o goberno da India sobre a base de que non tomaran as medidas necesarias contra o cambio climático que acordaran no Acordo de París. Este caso xudicial foi presentado no Tribunal Verde Nacional (NGT), un tribunal que se estableceu en 2010 que se ocupa unicamente de casos ambientais. Pandey tamén pediu ao Goberno que prepare un plan para reducir as emisións de carbono e un plan nacional para frear o impacto do cambio climático, incluída a redución do uso de combustibles fósiles na India.[2]

Nunha entrevista con The Independent Pandey dixo:

“O meu Goberno non tomou medidas para regular e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, que están a provocar condicións climáticas extremas. Isto afectarame tanto a min como ás xeracións futuras. O meu país ten un enorme potencial para reducir o uso de combustibles fósiles e, debido á inacción do goberno, achegueime ao Tribunal Verde Nacional.”[2]

A NGT desestimou a súa petición, afirmando que estaba "cuberta pola avaliación do pacto ambiental".[1]

Queixa ás Nacións Unidas

[editar | editar a fonte]

O 23 de setembro de 2019 Pandey presentou xunto con outros 15 nenos, entre eles Greta Thunberg, Ayakha Melithafa e Alexandria Villaseñor, unha denuncia ante o Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas, na que acusaba a Arxentina, Brasil, Alemaña, Francia e Turquía de violar a Convención sobre os Dereitos do Neno ao non abordar adecuadamente a crise climática.[6][7]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Pandey estaba na lista das 100 mulleres da BBC anunciada o 23 de novembro de 2020.[8]

Máis activismo

[editar | editar a fonte]

Pandey pediu unha prohibición completa do plástico, argumentando que a súa produción continua é o resultado da demanda dos consumidores. Tamén pediu ao goberno indio e ás autoridades locais que fagan máis para limpar o río Ganges.[1]

Pandey é citada na súa biografía sobre Nenos vs Cambio Climático afirmando o seu obxectivo:

“ Quero salvar o noso futuro. Quero salvar o futuro de todos os nenos e todas as persoas das xeracións futuras.”[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Who Is Ridhima Pandey". Consultado o 23 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Meet the nine-year-old girl who is suing the Indian Government over climate change" (en inglés). 1 de abril de 2017. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  3. "India's death toll in aftermath of floods reaches 1,000" (en inglés). Associated Press. 24 de xuño de 2013. ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-04-23. 
  4. "Many still stranded in India floods" (en inglés). 28 de xuño de 2013. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  5. "India: Climate Change Impacts" (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "#ChildrenVsClimateCrisis". Consultado o 23 de abril de 2020. 
  7. "earthjustice.org". Consultado o 26 de abril de 2020. 
  8. "BBC 100 Women 2020: Who is on the list this year?" (en inglés). 2020-11-23. Consultado o 2020-11-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]