Alexandria Villaseñor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexandria Villaseñor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 2005 Editar o valor em Wikidata (18 anos)
Davis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescolar , ecoloxista , activista climática Editar o valor em Wikidata
MovementoEcoloxismo, Folga escolar polo clima e Earth Uprising (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
agosto de 20202020 Democratic National Convention (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: AlexandriaVillasenor2005 Twitter: AlexandriaV2005 Instagram: alexandriav2005 Editar o valor em Wikidata

Alexandria Villaseñor, nada en Davis, California, o 18 de maio de 2005, é unha activista climática estadounidense que vive en Nova York. Seguidora do movemento de Mocidade polo clima e da activista climática Greta Thunberg, Villaseñor é cofundadora de US Youth Climate Strike e fundadora de Earth Uprising.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Villaseñor naceu en 2005 en Davis, California, onde se criou.[3][4] A familia mudouse do norte de California á cidade de Nova York durante 2018.[5] Villaseñor é latina.[6] O seu obxectivo é traballar algún día para a Organización das Nacións Unidas (ONU).[7]

A loita de Villaseñor pola acción climática desencadeouse cando quedou atrapada nunha nube de fume do grande incendio que se produciu en novembro de 2018 en California durante unha visita familiar. Afectada de asma, enfermou fisicamente e durante a súa convalecencia investigou sobre o cambio climático e os aumentos de temperatura que contribuíron á gravidade do incendio.[4] A súa nai matriculouse en cursos sobre cambio climático na Universidade de Columbia e participou neles, aprendendo sobre a ciencia subxacente.[8] Pouco despois uniuse ao grupo de Nova York de Zero Hour, un grupo de mozos estadounidenses activistas do clima.

Villaseñor levou a cabo unha acción climática similar á de Thunberg, quen a inspirou coa súa charla do 4 de decembro de 2018 na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP24) en Katowice, Polonia. Desde o 14 de decembro de 2018 (mentres aínda se levaba a cabo a COP24), non asistiu ás clases dos venres para protestar fronte á Sede das Nacións Unidas en Nova York contra a falta de acción ante ao cambio climático.[9] Tras abandonar o grupo Youth Climate Strike, fundou o grupo educativo sobre cambio climático Earth Uprising.[10][11]

Cando Greta Thunberg chegou á cidade de Nova York trala súa viaxe transatlántica en veleiro en agosto de 2019, Villaseñor e algúns outros activistas climáticos saudárona.[12] Para entón, xa estableceran contacto entre eles a través das redes sociais.[13] O 23 de setembro de 2019, Villaseñor, xunto con outros 15 mozos activistas, entre eles Greta Thunberg, Catarina Lorenzo e Carl Smith, presentaron unha queixa legal ante a ONU acusando a cinco países, Francia, Alemaña, Brasil, Arxentina e Turquía, de non cumprir os obxectivos de redución aos que se comprometeron no Acordo de París.[14][15]

A mediados de outubro de 2019, asistiu ao Cume Mundial de Alcaldes C40 en Copenhague, Dinamarca.[16]

O 19 de agosto de 2020, Alexandria participou na convención do Partido Demócrata Estadounidense dentro das sesións sobre cambio climático.[17]

O 1 de decembro de 2020 foi nomeada pola revista Seventeen como unha das voces do ano 2020.[18]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En maio de 2019, Villaseñor recibiu o Premio Disruptor dos Tribeca Disruptive Innovation Awards (TDIA), conseguiu unha bolsa da organización de defensa pública The Common Good, e recibiu o premio Youth Climate Leadership do Día da Terra.[19][20][21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kaplan, Sarah (16 de febreiro de 2019). "How a 7th-grader's strike against climate change exploded into a movement". Consultado o 25 de xuño de 2019. 
  2. "Alexandria Villaseñor". Consultado o 4 de maio de 2019. 
  3. Milman, Oliver (12 de marzo de 2019). "'We won't stop striking': the New York 13 year-old taking a stand over climate change". Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Kaplan, Sarah (16 de febreiro de 2019). "How a 7th-grader's strike against climate change exploded into a movement". Consultado o 4 de maio de 2019. 
  5. Piven, Ben (15 de marzo de 2019). "Beware the kids: US youth to join strike for climate". Consultado o 8 de maio de 2019. 
  6. "Meet Alexandria Villaseñor, the Young Woman Inspiring People to Take Action on the Climate Change Crisis". 24 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  7. Minutaglio, Rose (14 de marzo de 2019). "The World Is Burning. These Girls Are Fighting to Save It.". Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  8. Borunda, Alejandra (13 de marzo de 2019). "These young activists are striking to save their planet from climate change". Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  9. Berardelli, Jeff (22 de febreiro de 2019). "Meet the teens leading a global movement to ditch school and fight climate change". Consultado o 4 de maio de 2019. 
  10. "Our Co Executive Directors & National Co-Directors". US Youth Climate Strike. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2019. Consultado o 8 de maio de 2019. 
  11. Stuart, Tessa (26 de abril de 2019). "A New Generation of Activists Is Taking the Lead on Climate Change". Consultado o 8 de maio de 2019. 
  12. Lela Nargi (9 de setembro de 2019). "Greta Thunberg’s New York visit inspires young climate activists". Washington Post (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  13. Lela Nargi (22 de setembro de 2019). "14-åriga klimataktivisten Alexandria Villaseñor om vänskapen med Greta Thunberg". Expressen (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  14. "Why Teen Climate Activist Alexandria Villaseñor Is Suing the World For Violating Her Rights". Consultado o 23 de setembro de 2019. 
  15. "16 children, including Greta Thunberg, file landmark complaint to the United Nations Committee on the Rights of the Child" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2019. 
  16. "Press Conferences" (en inglés). C40 World Mayors Summit. 10 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  17. Kevin Robillard (2020-08-19). "Youth Climate Activists To Speak At Democratic National Convention". HuffPost (en inglés). Consultado o 2021-04-15. 
  18. "Today’s Teens Are Saving Tomorrow: Seventeen’s 2020 Voices Of the Year". Seventeen (en inglés). 2020-12-01. Consultado o 2021-04-15. 
  19. "The Common Good Forum & American Spirit Awards – 10 de maio de 2019". The Common Good. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  20. "Alexandria Villaseñor". The Common Good. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 25 de maio de 2019. 
  21. "14-Year-Old Alexandria Villaseñor Has Been Striking Outside UN Headquarters for 5 Months. Here’s Why". Earth Day Network. Consultado o 25 de maio de 2019.