Richard Estes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Estes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de maio de 1932 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Kewanee, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAmericano
EducaciónSchool of the Art Institute of Chicago (en) Traducir
Art Institute of Chicago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, artes visuais e Hiperrealismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , artista visual , gravador , fotógrafo , produtor Editar o valor em Wikidata
MovementoFotorrealismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Richard Estes (nado o 14 de maio de 1932 en Kewanee, Illinois ) é un pintor estadounidense que gañou notoriedade polas súas pinturas de estilo hiperrealista.[1] Está considerado un dos fundadores do movemento fotorrealista de finais dos anos 60, xunto con artistas como Chuck Close, Malcom Morley, Don Eddy e Duane Hanson. [2]

Unha característica da súa pintura é o uso complexo de superficies con luz reflectida. A partir de 1967 comeza a pintalos, e dende entón a súa obra ten os edificios reflectidos en estruturas cristalinas e lisas como escaparates, cabinas telefónicas, ou o capó dun coche. O pintor tamén reproduce reflexos distorsionados e ás veces borrosos en superficies uniformes e non lisas, como as ondas de auga en movemento.[2]

A vida[editar | editar a fonte]

A unha idade nova, a súa familia trasladouse a Chicago. Alí estudou no Art Institute of Chicago, de 1952 a 1956, onde se interesou pola obra de pintores realistas como Edgar Degas, Thomas Eakins ou Edward Hopper, todos eles representados no museo. En 1956, despois de rematar os seus estudos, Eakins instalouse definitivamente en Nova York. Nos anos seguintes, traballou como artista gráfico para diversas revistas e axencias de publicidade en Nova York e España, onde residiu en 1962. En 1966 xa tiña o capital suficiente para dedicarse á súa pintura. En 1968, realizou a súa primeira exposición individual na Allan Stone Gallery, en Nova York.[3][4]

A maioría das súas obras de principios dos sesenta representan habitantes da cidade realizando actividades cotiás. Ao redor de 1967, o artista comeza a pintar fiestras e edificios con cristais e, sobre todo, as imaxes reflectidas que se mostraban nestas ventás. Os seus cadros baseáronse en fotografías en cor, nas que Estes buscaba captar a natureza evanescente dos reflexos, que podían cambiar debido á iluminación e á hora do día.[5][6]

Colección públicas[editar | editar a fonte]

Estes está representado nalgúns dos principais museos do mundo, incluíndo o Museum of Modern Art, de Nova York, a National Gallery of Art, de Washington, D.C., o Art Institute of Chicago, o High Museum of Art, de Atlanta e o Museo Thyssen-Bornemisza, de Madrid.

Referencias[editar | editar a fonte]