Richard Claverhouse Jebb
Richard Claverhouse Jebb | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de agosto de 1841 |
Lugar de nacemento | Dundee |
Falecemento | 9 de decembro de 1905 |
Lugar de falecemento | Cambridge |
Soterrado | Ascension Parish Burial Ground |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Etnia | Pobo británico |
Alma máter | Trinity College, Charterhouse School e St Columba's College, Dublin |
Ocupación | político, filólogo clásico, profesor universitario, erudito clásico e tradutor |
Pai | Robert Jebb |
Nai | Emily Harriet Horsley |
Cónxuxe | Caroline Lane Reynolds Slemmer Jebb |
Irmáns | Eglantyne Louisa Jebb |
Premios | Ordem de Mérito, Membro da Academia Britânica e Knight Bachelor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sir Richard Claverhouse Jebb, nado en Dundee o 27 de agosto de 1841 e finado en Londres o 9 de decembro de 1905, foi un político e tradutor escocés.
Foi tamén un dos meirandes tradutores (das linguas clásicas ao inglés) da súa época.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun avogado e neto dun xuíz, emprendeu unha carreira escolástica na Charterhouse School e no Trinity College, en Cambridge. Tras algúns recoñecementos convértese en profesor de grego en Glasgow do 1875 ao 1889, para despois pasar a Cambridge desde o 1889, onde permaneceu no cargo ata a súa morte. Casou en 1874 e no 1891 elíxeno membro do parlamento e foi distinguido co título de cabaleiro en 1900. Só á súa morte obtivo recoñecemento a nivel mundial.
Obras[editar | editar a fonte]
- The Characters of Theophrastus (1870).
- The Attic Orators from Antiphon to Isaeus (2ª edición en I893).
- Bentley (1882).
- Sophocles (obras) (terceira edición en 1893).
- Bacchylides (1905).
- Homer (introdución á Iliada e á Odisea) (terceira edición en 1888).
- Modern Greece (1901).
- The Growth and Influence of Classical Greek Poetry (1893).