Saltar ao contido

Ricardo Goyanes Melgarejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Goyanes Melgarejo, retrato en Vida Gallega, 1919.

Ricardo Goyanes Melgarejo, nado en Lugo en 1873 e finado en Palencia o 17 de decembro de 1924[1], foi un avogado, mestre, escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Foi mestre en Ponte Sampaio e Angoares (Ponteareas) e despois oficial de Facenda en Ourense (1915). Foi nomeado auxiliar da Normal de Mestras de Ourense. Pasou despois a delegación de Facenda da Coruña e finalmente foi oficial primeiro de Facenda en Palencia. Foi redactor de El Norte de Galicia e El Diario de Orense, correspondente de La Mañana en Ourense e colaborou en Ilustración Gallega, Vida Gallega e El Diario Palentino. Foi secretario da Asociación de Escritores Gallegos Laureados e foi nomeado cabaleiro da Real Orden de Isabel la Católica e do Mérito Militar.

Obras

  • Un programa para la Instrucción Primaria en España, 1917[2].

Vida persoal

Casou con María Osés Armesto.

Notas

  1. El Diario Palentino, 17-12-1924, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 24-7-1917, p. 2.