Ricardo Frade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ricardo Frade Giráldez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Frade
Nacemento1877
 Touro
Falecemento29 de xullo de 1940
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Frade Giráldez, nado en Touro en 1877 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1940[1], foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Cayetano Frade Rial. Poeta, narrador e dramaturgo. A súa obra está vinculada ao Movemento Dramático Rexional, que apostaba pola recreación da Galicia rural. Colaborou na Revista Gallega onde publicou un poema e unha narración breve en castelán[2] e na revista Nós. Foi coñecido polas súas obras teatrais, cualificadas como costumistas, nas que aparece tamén o caciquismo. Casou con María Peña Pita.

Obra[editar | editar a fonte]

  • O rei da carballeira, 1917 (teatro).
  • ¡Vaites... vaites!, 1925 (teatro).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Compostelano, 30-7-1940, p. 2.
  2. Comedia costumista de Ricardo Frade