Ricardo Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o xornalista, escritor e político anarquista mexicano véxase Ricardo Flores Magón.
Ricardo Flores
Nacemento1 de maio de 1903
Lugar de nacementoSada
Falecemento25 de xullo de 2002
Lugar de falecementoBuenos Aires
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, político, activista polos dereitos lingüísticos e dramaturgo
Na rede
Dialnet: 2336122
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Flores Pérez, nado en Sada en 1903 e finado en Buenos Aires o 25 de xullo de 2002, foi un escritor galego e un dos máis sobranceiros autores teatrais da diáspora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia labrega de Sada, desde moi neno traballa a terra e aprende o oficio de ferreiro, ao tempo que escribe os seus primeiros textos. En 1926 estreou a súa primeira peza teatral Un fillo de bendición no Pavillón Moragra da súa vila. En 1927 e 1928 estreou as súas seguintes obras Consellos do tío Xan. Emigrou a Buenos Aires en 1929, onde foi un dos dirixentes da Irmandade Galega e da Sociedade Nazonalista Pondal, director da asociación coral Os Rumorosos, secretario do Consello de Galiza e presidente do Centro Provincial Coruñés. Como dramaturgo, tivo un importante papel no teatro da diáspora. En 1952 constituíu o Cadro de Declamación Lugrís Freire, coa que estreou distintas obras da súa autoría e do teatro rexionalista.

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Un fillo de bendición (1926).
  • Consellos do tío Xan (1927).
  • Querer de comenencia (1928).
  • Mai e filla(1934).
  • Un ovo de dúas xemas. Comedia rideira en dous pasos, 1938 (teatro).
  • Enguedello, 1939 (teatro).
  • Pra isso som teu amigo.
  • Ugio.
  • Catro estampas de beiramar, 1961 (teatro).
  • Dúas estampas da emigración.
  • O afiador.

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "Algo sobre o movimento galeguista en Buenos Aires (1930-1980).
  • "O teatro como movimento proseletista".
  • "A lírica popular galega en Buenos Aires".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]