Ricardo Alzugaray Yanguas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Alzugaray Yanguas
Ricardo Alzugaray Yanguas.jpg
Falecemento30 de outubro de 1878
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Alzugaray Yanguas, finado o 30 de outubro de 1878, foi un xurista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en dereito na Universidade Central de Madrid en 1858, onde leu a disertación El estado en sus relaciones sociales é individuales. Participou en conferencias a favor do librecambismo no Ateneo de Madrid, onde trabou amizade con Pedro Antonio de Alarcón, e foi elixido deputado por Navarra en 1864.

Foi xurista do Tribunal Supremo de España e nas eleccións a Cortes de 1869 foi elixido deputado polo distrito de Estella e nas de abril de 1872 e 1876, polo de Lalín como independente, aínda que vencellado ao elduayenismo[1].

Nas eleccións de 1876 tamén foi elixido deputado polo distrito de Alcoi despois da renuncia de Juan Francisco Camacho de Alcorta, pero morreu dous anos despois. A súa filla, María Alzugaray Lapeye, casou co político Rafael Gasset Chinchilla[2], pai de Ricardo Gasset Alzugaray.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]