Ricard Terré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricard Terré
Nacemento5 de xullo de 1928
Lugar de nacementoSant Boi de Llobregat
Falecemento29 de outubro de 2009
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo
FillosLaura Terré
editar datos en Wikidata ]

Ricard Terré, nado en Sant Boi de Llobregat o 5 de xullo de 1928 e finado en Vigo o 29 de outubro de 2009, foi un fotógrafo catalán. A súa obra caracterízase pola sobriedade das súas composicións en branco e negro que moitas veces resultan rigorosamente xeométricas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Altos Estudos Mercantís de Barcelona. Comezou no mundo da arte como pintor e caricaturista, e logo iniciouse na fotografía no ano 1955. Nese momento entrou en contacto cos membros da Agrupación Fotográfica de Cataluña, onde coincidiría con Xavier Miserachs e Ramón Masats, cos que expuso por primeira vez en 1957 na Agrupación a exposición Terré-Miserachs-Masats (Sougez, Marie-Loup et al., 2007) e no ano 1959 na Sala Aixelà.

A súa filla Laura Terré escribiu del: "na súa primeira reportaxe sobre unha tarde de Xoves Santo concéntranse os achados que despois lle van facer meditar os rombos da súa fotografía: a infancia, a morte, o entroido… Concibe a coherencia como unha fidelidade cega a unha serie. En vez de avanzar en liña recta, separándose da orixe (como ocorre adoito notros autores), a súa obra desenvólvese en espiral, volve e revólvese, ocupando todo o espazo arredor da orixe, creando unha complexidade única de matices". (VVAA, 2001).

En 1958 intégrase no grupo AFAL (Agrupación Fotográfica de Almería). Máis tarde pasou a formar parte do seu comité directivo e participou nas súas actividades.

No seu traballo pódense apreciar coincidencias cos fotógrafos estranxeiros do momento como Robert Frank, William Klein, Henri Cartier-Bresson ou Eugène Smith.

En 1959 trasládase a vivir a Galicia. Leva a cabo encargas fotográficas para a decoración de espazos públicos e industriais. A partir de 1968 deixa estas actividades e as exposicións durante un longo período de tempo.

En 1982 volveu á actividade fotográfica, participando en diferentes exposicións individuais e colectivas en España e no estranxeiro.

A partir do ano 1999 é representado por Vu', galería parisiense que dirixe Christian Caujolle.

En 2008 recibe o premio Bartolomé Ros á súa traxectoria profesional en PHotoEspaña

Finou o 29 de outubro de 2009 en Vigo, despois dunha longa enfermidade.[1]

Exposicións individuais[editar | editar a fonte]

  • 1961 "Terré" Sala Foto Club, Vigo.
  • 1962 Ateneo de Madrid. Catálogo editado polo Ateneo de Madrid.
  • 1991 Casa das Artes e Historia. Centro de Estudos Fotográficos, Vigo. Catálogo editado polo Centro Fotográfico do Concello de Vigo.
  • 1992 "Ricardo Terré". Fotogalería. Secretaría de Cultura da Municipalidade de Buenos Aires (Arxentina).
  • 1993 "Ricard Terré, Fotografías 1956-1992". Sala Nova de L'Oreig, Sant Boi de Llobregat, Barcelona.
  • 1994 "Estar al quite". Galerie Arena. Escola Natcional da Fotografía. Ministerio de Culture e Communicación de Francia. Arles (Francia).
  • 1994 Museu Comarcal de la Garrotxa. Olot, Xirona.
  • 1995 "Cruces". Galería Scala. Vigo.
  • 1995 "Ricard Terré". Fundación "La Caixa". Itinerante no Centro Cultural de Gandía e no Museo Provincial de Ourense.
  • 1996 "Ricardo Terré - Fotografías". Encontros da Imaxe. Sala dos Crivos. Braga (Portugal).
  • 1996 "Ricard Terré". Fundación "La Caixa", itinerante en: Universidade de Alcalá de Henares, Museo Provincial de Cidade Real, Museo de Villareal de los Infantes, Centro Cultural de Lleida, Museo Municipal de Alcira, Museo Rexional Salvador Vilaseca de Reus e Pazo de Fonseca, de Santiago de Compostela.
  • 1997 "97 Ricard Terré". Posada del Potro, Córdoba.
  • 1997 "Exposición antológica de Ricard Terré". Rencontres Internationales de la Photographie, Arles (Francia).
  • 1997 "Ricard Terré". Fundación "La Caixa", itinerante en: Centro Cívico de Fuenlabrada, Museo Villardompardo de Jaén, galería de arte municipal de Logroño e Museo de Guadalaxara.
  • 1998 "Ricard Terré". Romans (Francia).
  • 1998 "Ricard Terré". Sant Boi de Llobregat. Fundación "La Caixa".
  • 1998 "Los niños de San Francisco". Bienal Internacional de Vigo. Casa das Artes. Vigo
  • 1999 "Ricard Terré". Fundación "La Caixa". Museo Nacional de Arte de Cataluña. Palacio de Montjuich, Barcelona.
  • 2000 "Mort Poètica de les coses petites". Primavera Fotográfica de Cataluña 2000. Sala Can Massallera, Sant Boi de Llobregat.
  • 2000 "Lugares de Evocaçâo". Museo da Imaxe. Braga (Portugal).
  • 2000-2001 "Retrospectiva Ricard Terré". VU La Galerie. Le mois de la Photo. París (Francia).
  • 2001 "Ricard Terré". The Spirit of Religion. Photographic Approaches. Ministerio de Cultura. Skopelos (Grecia).
  • 2001 "Ricard Terré" Photogaleria, 2/4 a 25/4. Presentación do libro Photobolsillo Ricard Terré número 31.
  • 2001 "Ricard Terré" Mois de l´Image de Dieppe (Francia).
  • 2002 "Imatges abandonades". Primavera Fotográfica de Cataluña. Sala Massallera. Sant Boi de Llobregat.
  • 2002 "Ricard Terré". Centro Fotográfico de Maigret. Francia.
  • 2002 "Ricard Terré". Silkroad Galery, Teherán (Irán).
  • 2003 "Os nenos de San Francisco" Photomuseum, Argazki Euskal Museoa Fundazioa. Zarautz
  • 2003 "Ricard Terré". Edificio Georges Pompidou. París (Francia).
  • 2004 "Exvots". Primavera Fotográfica de Cataluña. Concello de Sant Boi de Llobregat.
  • 2004 "Exvots". Bienal Internacional Olot Fotografía. Olot.
  • 2004 Antolóxica "Ricard Terré". CPF, Centro Portugués de Fotografía. Porto (Portugal)
  • 2005. "Proyección antológica Ricard Terré" e coloquio con Pepe Baeza. CCCB. Barcelona.
  • 2005. "Ricard Terré, Semana Santa". Galerías Fotográficas Internacionales. Foto Taller Chivilcoy. Arxentina.
  • 2006. "Ricard Terré, Vitrina del Fotógraf". Exposición e audiovisual con 80 fotos. Palau Robert. Generalitat de Cataluña, Barcelona.
  • 2006. "Cruces 2001 Ricard Terré". Galería Barcelos. Editorial Fotoxoguete.
  • 2007 "Ricard Terré. Imágenes abandonadas y exvotos". VU La Galerie. París (Francia).
  • 2007. "Festival Internacional de Fotografía". Spanish Contempory Photography. Lodz (Polonia).
  • 2011. "Ricard Terré. Obras Maestras". Fundación Barrié, Vigo.
  • 2013. "Les fotografies del jove Ricard Terré". Agrupación Fotográfica de Cataluña.

Coleccións[editar | editar a fonte]

A súa obra atópase nas seguintes coleccións:

  • Museo de Arte Moderna. Espírito Santo (Brasil).
  • Museo Folkwang. Essen (Alemaña).
  • Centro Andaluz de la Fotografía. Almería.
  • Colección do Concello de Vigo.
  • Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Madrid.
  • Instituto Valenciano de Arte Moderna. Valencia.
  • Colección Cualladó. Instituto Valenciano de Arte Moderna. Valencia.
  • Escola Nacional da Fotografía. Arles (Francia).
  • Le Chateau d'Eau. Tolosa (Francia).
  • Museo da Imaxe. Braga (Portugal).
  • Museo Nacional de Arte de Cataluña. Barcelona.
  • Museo da Fotografía. Charleroi (Bélxica).
  • Fondo do DG Bank. Frankfourt (Alemaña).
  • Fondo da Casa da Cultura. Concello de Sant Boi de Llobregat.
  • Biblioteca Nacional de Francia. París (Francia).
  • Museo de Belas Artes. Houston (EEUU).
  • Casa Europea da Fotografía. París (Francia).
  • Museo Quiñones de León. Vigo.
  • Photomuseum. Zarautz.
  • Museo de Arte Contemporánea. Vigo.
  • Museo Diocesano de Tui-Vigo. Tui.
  • Colección Nacional de Fotografía. Centro Portugués de Fotografía. Porto (Portugal).
  • Museo de Valls.
  • Colección Marin Karmitz.
  • Fondo Colectania. Barcelona.
  • Colección Alfonso Pluchinotta. Padua (Italia).
  • Colección Jhon Cleary.
  • Colección Leo Scheer.
  • Varias coleccións particulares, españolas e estranxeiras.
  • Centro Andaluz de Arte Contemporánea. Sevilla.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catalina Serra (30 de octubre de 2009). "Ricard Terré, fotógrafo del alma humana". El País. Consultado o 30 de octubre de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Terré Alonso, Laura (1991). Ricard Terré. Catálogo de exposición. Centro de Estudos Fotográficos. Concello de Vigo. 
  • Formiguera, Pere;, Ledo Andión, Margarita (1996). Ricard Terré. Fundación La Caixa. ISBN 978-84-7664-523-9. 
  • Terré Alonso, L. (1996). Ricard Terré. Fotografías. Catálogo de exposición. Encontros da imagem. Braga, Portugal. 
  • Terré Alonso, L. (2000). Mort Poètica de les Coses Petites. Concello de Sant Boi de Llobregat. 
  • Caujolle, Christian (2000). Ricard Terré. The Spirit of Religion. Bienal Internacional de Skopelos. Grecia. 
  • Terré Alonso, L. (2002). Imatges Abandonades. Concello de Sant Boi de Llobregat. 
  • Terré Alonso, L. (2003). Os nenos de San Francisco. Departamento de Cultura. Concello de Vigo. 
  • Terré Alonso, L. (2004). Exvots. Concello de Sant Boi de Llobregat. 
  • Terré Alonso, L. (2006). Cruces 2001. Fotoxoguete. Vilanova de Arousa. 
  • Conesa, Chema, Terré Alonso, L. (2010). Obras Maestras: Ricard Terré. La Fábrica Editorial. ISBN 978-84-92841-87-5. 
  • López Mondéjar, Publio (1999). Historia de la Fotografía en España (en castelán). Lunwerg Editores. ISBN 84-7782-660-9. 
  • Sougez, Marie-Loup; et al. (2007). Historia General de la Fotografía (en castelán). Cátedra. ISBN 978-84-376-2344-3. 
  • López Mondéjar, P. (1996). Las Fuentes de la memoria III : Fotografía y Sociedad en la España de Franco (en castelán). Madrid: Lunwerg y Ministerio de Cultura. ISBN 8477823855. 
  • Terré Alonso, Laura (2006). Afal, 1956-1963 : historia del grupo fotográfico (en castelán). Utrera, Sevilla: IG Foto Editor, S.L. ISBN 978-84-931546-2-2. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]