Revista Bravú
Revista Bravú | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua galega |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bravú -"a publicación que sae cando a situación o require", foi unha revista editada por Xerais na década de 1990 en Galiza. Tiña un prezo de 1000 pesetas. Destacou como revista de contidos alternativos cunha mirada satírica sobre a realidade do país.
Colaboradores
[editar | editar a fonte]Nela escribiron persoeiros das artes relacionados co movemento homónimo, o chamadao bravú, entre estes Xurxo Borrazás, Gonzalo Navaza, Suso de Toro, Xurxo Souto, Fran Alonso ou Santiago Jaureguízar, outros coma Manuel Seixas (que colaborou coa revista malia non sentirse representado coa etiqueta bravú)[1] e debuxantes como Miguelanxo Prado. O seu director foi Xosé Manuel Pereiro e no comité de redacción estaba xente como Manuel Rivas ou Manu Chao. O deseño gráfico correu a cargo de María Luaces.
Contidos
[editar | editar a fonte]O primeiro número estaba integramente dedidado a reivindicar unha selección galega de fútbol. Ía acompañada dun CD titulado Selección Xa! onde participaban músicos como Manu Chao e bandas do país, e futbolistas como Nacho da SD Compostela, Míchel Salgado e Fran. A revista serviu de altofalante para as reivindicacións dunha nova seleción galega que xa xogara na década de 1920 e 1930, que desaparecera no franquismo e que fora tamén reivindicada por Luís Suárez e Marcelino, e tamén como unha plataforma para novos grupos musicais, ao acompañar varias veces as súas entregas con discos recompilatorios como o Selección Xa! ou o recompilatorio Unión Bravú.
Noutro número, debuxantes e arquitectos galegos, como Manuel Gallego Jorreto[2], propuxeron embaixadas galegas simbólicas de Galiza no mundo, como un carballo cun banco arredor "para recargar forzas" ou un tríscele de granito en Rockall, como solidariedade con outro "país global".
Entre as reportaxes publicadas están "A volta ao mundo en 18 historias", "Un vietcong da Grela", "Os alemáns en Arousa", "A urxencia do Julai Lamas, "Galiza Tropical en Lyon" ou "O día que Galicia gañou a copa do mundo"[3].
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]A Revista Bravú recibiu o Premio da Crítica Galicia na edición de 1998-1999[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RevistaBravu". www.manuelseixas.com. Consultado o 2022-06-12.
- ↑ Zabalbeascoa, Anatxu (2016-02-16). "“Un muelle, que une tierra y mar, es la arquitectura más rotunda”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-06-12.
- ↑ Yumpu.com. "Descarga Revista Bravú - Vieiros". yumpu.com (en portugués). Consultado o 2022-06-12.
- ↑ "Revista Bravú ; Premios da Crítica Galicia ; Web oficial da Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2022-06-12.