Reserva india dos Cheyennes do Norte
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Montana | ||||
| Capital | Lame Deer | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.814 (2016) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.831,059 km² | ||||
| Creación | 1884 | ||||
A reserva india dos cheyennes do norte (en cheyenne: Tsėhéstáno, en inglés: Northern Cheyenne Indian Reservation) é o territorio da tribo recoñecida federalmente dos cheyenne do norte. Situada no sueste de Montana, a reserva ten unha superficie aproximada de 690 Km², e é o fogar de arredor de 5.000 cheyennes. A sede central da tribo e do seu goberno está situada en Lame Deer, onde ten lugar tamén o pow wow anual dos cheyennes do norte.
A reserva está delimitada polo leste polo río Tongue e ao oeste pola reserva india dos Crow. Ademais, ten pequenas parcelas de terras en fideicomiso non contiguas e fóra da reserva no condado de Meade, en Dacota do Sur. As súas serras madeireiras que se estenden até o noroeste de Dacota do Sur son parte do bosque nacional de Custer. Segundo os datos de inscrición tribal, a tribo ten aproximadamente 9 802 membros inscritos, dos que 4 562 residían na reserva.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Northern Cheyenne Tribe Homepage". Arquivado dende o orixinal o 02/02/2011. Consultado o 09/01/2020.
