Requeixo, San Xoán de Lóuzara, Samos
Requeixo | |
---|---|
Verán, 2013. | |
Parroquia | San Xoán de Lóuzara |
Concello | Samos |
Coordenadas | 42°40′33″N 7°14′46″O / 42.675841485593, -7.2462367401681 |
Poboación | 0 hab. (2012) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Requeixo é unha aldea da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos, provincia de Lugo. Está deshabitada dende hai anos.
Localización
[editar | editar a fonte]Está situada preto do río Lóuzara a 655 m. de altitude. As aldeas máis próximas son Vilela e A Ponte.
Historia
[editar | editar a fonte]En Requeixo construíuse a coñecida como "Casa da Sociedade" durante a Segunda República, onde tivo a sede o Comité Agrario Radical de Lóuzara ligado ao Partido Agrario Radical Galego. Os obxectivo do Comité de Lóuzara era avanzar no progreso parroquial. Entre outras cousas querían fomentar a cultura dos veciños, organizar cooperativas de produción agraria e gandeira, comprar máquinas agrícolas, mellorar as razas de gando, comprar sementes seleccionadas, crear unha biblioteca etc. O regulamento desta sociedade agraria asinouse no ano 1931 e a súa actividade finalizou no ano 1936 debido á sublevación militar dese ano.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Escrito do Comité Agrario en Requeixo.
-
Obxectivos do Comité.
-
Sinatura do Regulamento.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xoán de Lóuzara
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Xoán de Lóuzara no concello de Samos (Lugo) | |
---|---|
Bustofrío | Locai | Paredes | A Ponte | Praducelo | Requeixo | San Xoán | Santo Sidro | Trascastro | Vila do Castro | Vilela |