A Ponte, San Xoán de Lóuzara, Samos
| A Ponte | |
|---|---|
Verán, 2013. | |
| Parroquia | San Xoán de Lóuzara |
| Concello | Samos |
| Coordenadas | 42°40′36″N 7°14′30″O / 42.676691041749, -7.2415408387901 |
| Poboación | 0 hab. (2024) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Ponte é unha aldea da parroquia de San Xoán de Lóuzara, no concello de Samos, provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 estaba deshabitado, o que supón unha diminución con respecto a 2012, cando tiña 2 habitantes[1].
Localización
[editar | editar a fonte]Está situada á beira do río Lóuzara (afluente do río Lor), entre 650 e 700 m de altitude.
Historia
[editar | editar a fonte]O día 17 de cada mes celebrábase neste lugar a única feira do Val de Lóuzara, que desapareceu polos anos 1970. Unha das máis concorridas era a do 17 de xaneiro, pois viñan os chamados "de abaixo", expresión para referirse ós do concello de Quiroga, a comprar parellas de bois para arar as viñas. En case tódalas casas había tendas. Tamén había un muíño e unha escola. No ano 2008 o 17 de agosto, onde era a antiga feira, organizouse a primeira edición dunha feira de artesanía e produtos naturais da zona. No ano 2013 foi a 6ª edición.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Lugar da feira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-11-01.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Xoán de Lóuzara
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de San Xoán de Lóuzara no concello de Samos (Lugo) | |
|---|---|
|
Bustofrío | Locai | Paredes | A Ponte | Praducelo | Requeixo | San Xoán | Santo Sidro | Trascastro | Vila do Castro | Vilela |