Renault 5
| Renault 5 | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Subclase de
| |||||
|
Composto por
| |||||
| Produción | |||||
|
Marca
| |||||
|
Fabricante
| |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Cronoloxía | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
O Renault 5 é un automóbil compacto da marca francesa Renault que se comercializou dende 1972 ata 1996. Fabricado en España na factoría que Renault ten na provincia de Valladolid, o modelo tivo un grande éxito no mercado español así como en moitos outros países.
Primeira xeración: 1972 - 1985
[editar | editar a fonte]
Foi a primeira incursión de Renault no mercado dos utilitarios pequenos, cun vehículo de tres portas sinxelo e de liña elegante.
Montaba motores de entre 850 e 1400 cc, cunha mecánica simple compartida con outros modelos da marca. A suspensión era por barras de torsión.
No 1977 lanzouse a versión GTL, máis equipada e en 1979 a carrozaría de 5 portas. No 1981 sufriu unha reestilización interior mellorando a contorna notablemente.
Tamén existiron varias versións deportivas denominadas Alpine (1981), externamente moi similares ós modelos inferiores e con 93 CV; Copa, homólogos dos Alpine para o mercado español; e as versións Turbo 1 (1980) e Turbo 2 (1982), modelos especiais orientados á competición de produción moi limitada, co motor en posición central, e a carrozaría notablemente ensanchada e alixeirada.
Segunda xeración: 1985 - 1996
[editar | editar a fonte]
O modelo da segunda xeración, denominado comercialmente como Supercinco, apareceu en 1985 cunha carrozaría totalmente nova, aínda que conservando as liñas mestras do Renault 5 orixinal, novas motorizacións e suspensións MacPherson.
Posteriormente apareceu a versión deportiva GT Turbo con 115 CV na súa fase inicial e 120 CV posteriormente.
Foi comercializado ata 1996 e substituído polo Renault Clio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Renault 5.net - Información sobre o Renault 5.