Renaud Séchan
Renaud Séchan, nado en París o 11 de maio de 1952, é un cantante e actor francés, tamén coñecido como Renaud.
Fillo dun intelectual, os seus traballos iniciais caracterízanse polo seu innovador uso do francés, pola súa temática social e pola súa ideoloxía de esquerda. Nas súas cancións iniciais reflectía o descontento da maior parte da sociedade francesa coa pequena burguesía e as políticas de dereita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As súas cancións céntranse na loita de clases, os abusos do poder político e o antimilitarismo. Posteriormente, en etapas máis avanzadas da súa carreira pasou a outros temas, como cancións dedicadas á súa muller e filla, ou experimentacións musicais con músicas rexionais ou en dialectos do francés.
Ten certo renome nos países francófonos, sen ter maior transcendencia en países de distinta lingua.
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1975: Amoureux de Paname (1975)
- 1977: Laisse béton (1977)
- 1979: Ma gonzesse (1979)
- 1980: Marche à l'ombre (1980)
- 1980: Bobino (1980, directo)
- 1981: Le retour de Gérard Lambert (1981)
- 1982: Un Olympia pour moi tout seul (1982, directo)
- 1983: Morgane de toi (1983)
- 1985: Mistral gagnant (1985)
- 1988: Putain de camion (1988)
- 1989: Visage pâle rencontrer public (1989, directo)
- 1991: Marchand de cailloux (1991)
- 1992: Renaud cante el' nord (1992; Música folk tradicional)
- 1994: A la belle de mai (1994)
- 1996: Paris-Province (1996, directo)
- 1996: Renaud chante Brassens (1996)
- 2002: Boucan d'enfer (2002)
- 2003: Tournée d'enfer (2003, directo)
- 2006: Rouge Sang (2006, disco dobre)
- 2009: Molly Malone- balade irlandaise (2009)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en francés)