Saltar ao contido

Relacións Bután-Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bután–Estados Unidos
Map indicating locations of Bután and Estados Unidos de América

Bután

Estados Unidos
Primeiro ministro de Bután Tshering Tobgay co Secretario de Estado estadounidense John Kerry en 2015.[1]

Bután e os Estados Unidos de América non teñen relacións diplomáticas formais, mais as relacións entre as dúas nacións son vistas como "amigábeis e próximas", debido a valores compartidos entre os dous países. A alianza crecente entre a India e os Estados Unidos tamén axudou a mellorar as relacións de Bután e os Estados Unidos de América.

Bután está representado nos Estados Unidos a través da súa misión permanente nas Nacións Unidas. Os Estados Unidos está representado a través da embaixada estadounidense en Nova Deli, na India.[2] Bután é un dos dous países de Asia que nunca tiveron unha embaixada estadounidense no seu territorio, sendo o outro país Corea do Norte.

A Misión Permanente de Bután nas Nacións Unidas en Nova York.

En 2008, os Estados Unidos ofrecéronse para reasentar 60 000 dos 107 000 refuxiados butaneses de orixe nepalesa que vivían en sete campamentos das Nacións Unidas no sueste do Nepal.[3]

En 2011, o exprimeiro ministro de Bután, Jigme Thinley, declarou "Se podemos ter todo tipo de interaccións, relacións e cooperación cos Estados. Unidos, como con Alemaña e Francia, cos que non temos relacións diplomáticas, cal é o propósito (desas relacións con Washington)?". O 7 de abril, o exembaixador estadounidense na India, Tim Roemer, reuniuse con Thinley para discutir formas de fortalecer aínda máis os lazos entre ambos os países. Thinley tamén afirmou que acollera a moitos funcionarios do Departamento de Estado, congresistas e senadores para conversas informais dende que chegou a ser xefe do goberno en abril de 2008, despois das primeiras eleccións plenamente democráticas no país.[4]

O 11 de xaneiro de 2015, o daquela Secretario de Estado estadounidense, John Kerry, reuniuse co Primeiro Ministro de Bután, Tshering Tobgay, no sétimo encontro Vibrant Gujarat, converténdose na primeira vez que dous altos líderes deses países se encontran entre eles. Porén, non hai plans para estabelecer relacións diplomáticas.[5] Antes do encontro co Secretario Kerry, o máis alto oficial do Departamento de Estado que se reuniu cos líderes de Bután foi o Subsecretario, e no pasado oficiais estadounidenses reuníronse co cuarto rei, Jigme Singye Wangchuck, e o quinto rei de Bután, Jigme Khesar Namgyel Wangchuck.[6]

  1. "Bhutan profile - Timeline". BBC News. 14 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  2. "U.S. Relations With Bhutan". United States Department of State. 29 de xullo de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  3. "First of 60,000 refugees from Bhutan arrive in U.S.". CNN. 25 de marzo de 2008. Consultado o 6 de setembro de 2009. 
  4. "We don’t need formal relations with Washington: PM Thinley". Bhutan News Service. 23 de abril de 2011. Consultado o 9 de febreiro de 2021. [Ligazón morta]
  5. "No plan to establish diplomatic ties with Bhutan: US". DNA India. 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2021. 
  6. "Kerry to have historic talks with Bhutanese PM". Business Standard. 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]