Saltar ao contido

Reino de Polonia (1916-1918)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino de Polonia
 Nome curto
    Польша (ru)   Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Królestwo Polskie (pl)  
Königreich Polen (de)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Moeda
Implicados
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1916 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1918 Editar o valor en Wikidata
 Período
Historia
 Acontecementos importantes
 Precedido por
Imperio Ruso (1721 (Xuliano) - 1917 (Xuliano)) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Segunda República Polaca (1918 - 1939) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Segunda República Polaca (1918 - 1939) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/02z1d_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Reino de Polonia, tamén coñecido informalmente como Reino da Rexencia de Polonia (en polaco: Królestwo Polskie), foi un estado proposto por unha lei do 5 de novembro de 1916, emitida polo Imperio Alemán e o Imperio Austrohúngaro en plena primeira guerra mundial. O proxecto de ambas potencias era utilizar o antigo territorio ruso do Vístula comunmente chamado Polonia Rusa máis coñecido oficialmente como "Territorios do Vístula" (en ruso:Privislinsky Krai, para evitar o uso da palabra "Polonia"); este territorio sería empregado para fundar un Estado Polaco sobre as zonas que as tropas alemás arrebataran ós rusos durante as campañas bélicas, e que correspondían a unha gran parte da Polonia rusa gobernada pola administración militar alemá coñecida como Ober-Ost.

As fronteiras do novo Estado Polaco non estaban definidas en 1916 mais estaba claro que funcionaría como un Estado fantoche do Imperio Alemán. A proposta nunca gañou moito apoio en Alemaña e o obxectivo real era ter un exército de soldados polacos que loitaran por as Potencias Centrais.

Rexentes do Reino (1916-1918)

[editar | editar a fonte]
O "Consello de Rexencia Polaco" en Varsovia: (de esquerda a dereita): Ostrowski, arcebispo Kakowski, príncipe Lubomirski

O Consello de Rexencia nunca logrou elixir un novo monarca e nunca adquiriu moita importancia xa que os seus movementos foron inhabilitados polo Gobernador Xeral Alemán, Hans Hartwig von Beseler; de feito tras o Tratado de Brest-Litovsk en febreiro de 1918, a administración militar do Ober-Ost volveu a obter o poder e autoridade pois a paz con Rusia eliminaba un motivo principal dos alemáns para crear un estado fantoche en Polonia, debilitando o proxecto do "Reino Polaco". Porén o 11 de novembro de 1918, ó facerse efectivo o armisticio de Alemaña coa Tripla Entente, e tras estoupar a Revolución de Novembro en Alemaña, os soldados xermanos desmobilizáronse para volver ás súas casas e o impotente Consello de Rexencia cedeu todas as responsabilidades ós independentistas polacos dirixidos por Józef Połsudski. Sen o apoio popular polaco e sen sostemento das tropas alemás, a Rexencia de Polonia disolveuse oficialmente tres días máis trade, aínda que as súas tropas e aparato administrativo puideron en parte ser empregados como solución de emerxencia para dirixir os primeiros meses da Segunda República Polaca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]