Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Capital | Río de Xaneiro Lisboa (1821–1825) | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Lingua oficial | lingua portuguesa | ||||
| Relixión | catolicismo | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 16 de decembro de 1815 | ||||
| Disolución | 7 de setembro de 1822 | ||||
| Sucedido por | Imperio do Brasil e Reino de Portugal | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | monarquía absoluta | ||||
| Órgano lexislativo | Lista de cortes em Portugal (pt) | ||||
| Moeda | Real portugués | ||||
Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve foi a designación oficial asumida o 16 de decembro de 1815, a elevación do entón Estado do Brasil (1621-1815), unha colonia portuguesa, ao Reino Unido co Reino de Portugal, a súa metrópole soberana até entón, e o Algarve, debido ao traslado da familia real e da nobreza portuguesa cara ao Brasil por mor da Guerra Peninsular.
Historia
[editar | editar a fonte]A creación do Reino Unido viu da man do entón Príncipe rexente Xoán María de Braganza, futuro Rei Xoán VI, tralas invasións napoleónicas a Portugal. O Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve tivo só dous reis, Dona María I, que era a Raíña de Portugal antes da elevación do Brasil ao Reino Unido con Portugal, e Xoán VI, que antes da morte da súa nai a Raíña María I, xa gobernaba como Príncipe Rexente. A capital do reino era a cidade do Río de Xaneiro.
O Brasil desmembrouse coa súa independencia o 7 de setembro de 1822, proclamada polo fillo do Rei Xoán VI, D. Pedro de Alcántara de Braganza, futuro emperador D. Pedro I do Brasil e Rei D. Pedro IV de Portugal, que antes da independencia era o herdeiro do trono como Príncipe Real do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Tal episodio resultou na fundación do Imperio do Brasil e, por conseguinte, no desmembramento do entón territorio brasileiro do imperio de ultramar portugués.
