Saltar ao contido

Reino Longobardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino Longobardo
 Nome oficial
    Regnum Langobardorum (la) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Moeda
Datas
 Fundación / creación
568 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
774 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substituído por
Reino de Italia (961 - 1806) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Continente
 Capital
 Mapas
Mapa de localización
Fontes e ligazóns
Freebase/m/047glq0 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Reino Longobardo, ou reino dos longobardos, sucedeu ao Reino Ostrogodo en Italia do Norte durante unha época tardía das grandes invasións europeas.

A chegada dos longobardos en 571, un pobo xermánico vai deixar o topónimo da rexión italiana; antes deles a Lombardía foi ocupada polos galos, despois polos romanos (século III a. C.), despois dos cales existe un curto reino bárbaro de Italia cuxa capital é Rávena, unha vez que desaparece o Imperio Romano a finais do século V. Invadida por Carlomagno en 774, convértese nunha posesión do Sacro Imperio Romano Xermánico en 952.

Alduíno e a continuación Alboíno reinaron nese territorio.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Mapa da Italia bizantina e longobarda
Mapa da Italia bizantina e longobarda

A rexión de Italia actualmente chamada Lombardía onde se sitúa a cidade de Milán, conserva no seu nome a lembranza do reino longobardo en Italia. Entre outros testemuños, a toponimia da Lombardía central testemuña a presenza destes invasores xermánicos a través dos nomes de lugar que conteñen a raíz xermánica -fara- ou formados co sufixo -engo (do xermánico ing(o): fillo, descendente) (por exemplo Marengo, célebre pola batalla). En canto á lingua longobarda, falouse de certo ata principios do século VIII polo menos; despois desapareceu totalmente no século IX.

Ao final da rápida conquista franca (774) e coa supresión dos ducados de Toscana (Tuscia), de Spoleto e de Cividale (Friúl) en 776, só resiste máis ou menos un ducado na Italia meridional: o Ducado de Benevento que se considera como herdeiro do reino longobardo e que se eleva a principado. Relativamente próximo de Bizancio no plano cultural (por intermediario do Ducado de Nápoles), ha permanecer independente ata a conquista normanda no século XI, tras un curto período de submisión aos francos a partir de 787.

Cando entraron en Italia, os longobardos non coñeceran nunca a autoridade imperial. Ademais a maioría eran pagáns, malia que un certo número deles estivera en contacto co arianismo. Ademais das súas depredacións e do choque cultural que causou a súa vinda ao mundo romano do Baixo Imperio, a súa fe constituía un poderoso freo á súa integración na península. De feito, o reino dos longobardos permaneceu como o derradeiro reino «herético» de Europa Occidental (mesmo sendo o arianismo aínda moi importante no Reino Visigodo, oficialmente católico, situado nas terras de Hispania) malia – ou a causa – da proximidade de Roma e dun Papado cada vez máis influente.

Foron os reis Autario (elixido en 584) e sobre todo Axilulfo os que realmente instauraron o «reino longobardo» en Italia. Os duques, sobre todo no norte da península, os gastaldii (do xermánico, que significaba os «hóspedes», os «serventes») e as colonias militares longobardas (os arimannii: do xermánico ; que significa os «homes libres», é dicir os «guerreiros» para un pobo xermánico) forneceron a súa primeira organización, política e militar, do reino. Esta organización, esencialmente rural, constituíu a estrutura na que viviron dos labregos italianos, desde agora ligados á terra: os coloni.

Despois da restauración da realeza, os longobardos masacran aos «Romanos poderosos» (a nobreza). A clase senatorial, que conservara o seu poder baixo Odoacro, os godos e os bizantinos, é eliminada. A eficaz administración romana, preservada antes por Teodorico, foi esfarelada. Non se sabe se os romanos son reducidos á escravitude ou se conservan a súa liberdade persoal. A situación semella variar segundo as condicións de chegada dos invasores. De todos xeitos, o poder político pasa aos guerreiros longobardos e as súas familias. As terras do Estado (fisco) e as dos dirixentes romanos son confiscadas. Os pequenos propietarios deben aboar dereitos correspondentes ao terzo dos produtos da terra. Pouco e pouco, empobrecen e vólvense dalgún modo os colonos dos longobardos. A diferenza dos pobos xermánicos precedentes como os burgundios e os visigodos, os longobardos non compartes as súas terras cos autóctonos.

A Italia de finais do século VI esta despoboada pola guerra e a enfermidade, a fame negra e as inundacións, e a peste fixo a súa aparición ao principio do século VII co seu feixe de vítimas. As poboacións rurais da chaira repréganse cara aos outeiros e as montañas, os campos e os sistemas de irrigación fican abandonados.

Moeda longobarda a nome de Cuniperto, cuñada en Milán

Os reis arianos do principio do século VII estableceron a segunda organización, administrativa e xurídica, do reino: a administración da corte real en Pavia, capital longobarda a partir de 626, substituíndo a Milán, Monza e Verona. Houbo que esperar ao rei Arioaldo para que na capital longobarda funcione unha administración. Esta foi moi inspirada pola burocracia bizantina.

En 643, o rei Rotario fai escribir a lei do seu pobo nun edicto en latín (o Edicto de Rothari), as Leges langobardorum, que coexistiron coa lei romana nun reino cortado en dous: os longobardos, que retiñan o poder político e militar, e os «italianos» que facían funcionar a Igrexa e a administración.

No século VIII, especialmente a través das leis de Ratchis (746) e de Aistolfo (ou Aistulf) (755), aumentou a influencia do dereito romano na corte de Pavia, cousa que pode probar unha certa romanización dos longobardos, polo menos da nobreza e da corte real.

O reino longobardo de Italia coñeceu a súa meirande baixo os reinados dos reis Axilulfo (591 - 615), Rotario (636 - 652), Grimoaldo (662 - 671) e sobre todo Liutprando (712 - 744), o máis grande dos reis longobardos, que levou o reino ao seu apoxeo malia o seu fracaso na tentativa de unificación italiana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]