Reinhard Gehlen
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de abril de 1902 Erfurt |
| Morte | 8 de xuño de 1979 Berg |
| Presidente Serviço Federal de Inteligência da Alemanha (pt) | |
| 20 de decembro de 1956 – 1968 | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Pullach (pt) Berlín (1942–1945) |
| Ocupación | oficial, espía, oficial de intelixencia |
| Período de actividade | 1920 |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Alemaña Nazi, Alemaña do Oeste e Estados Unidos |
| Rama militar | Heer |
| Rango militar | xeneral xeneral de brigada |
| Participou no conflito | Segunda Guerra Mundial Guerra Fría |
| Premios | |

Reinhard Gehlen, nado en Erfurt o 3 de abril de 1902 e finado o 8 de xuño de 1979, foi un militar alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi xeneral da Wehrmacht durante a segunda guerra mundial, tiña ao seu cargo o servizo de intelixencia na Fronte oriental.
Durante a guerra fría foi recrutado polo servizo de intelixencia norteamericano coa misión de organizar un grupo que espiase á Unión Soviética, este grupo coñeceuse como Organización Gehlen e estaba formada en gran parte pola mesma rede de espías que traballaban para el durante o réxime nazi e que acabou por constituír a base dos servizos de información da nova República Federal de Alemaña, a Bundesnachrichtendienst, creada en 1956 e que tivo a Gehlen como primeiro presidente ata a súa retirada en 1968.