Reiner Klimke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reiner Klimke
Reiner Klimke 1969 Ajman stamp.jpg
Nacemento14 de xaneiro de 1936
Lugar de nacementoMünster
Falecemento17 de agosto de 1999
Lugar de falecementoMünster
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoZentralfriedhof Münster
NacionalidadeAlemaña do Oeste e Alemaña
Alma máterUniversidade de Münster
Ocupaciónpolítico, escritor de non ficción, cavaleiro de dressage, event rider e avogado
FillosIngrid Klimke e Michael Klimke
PremiosOrdem Olímpica, Hall of Fame des deutschen Sports, Ordem de Mérito da Renânia do Norte-Vestfália e Reiner-Klimke-Weg
Na rede
IMDB: nm5523495 Musicbrainz: f3ec81b2-c8a4-437f-b0dd-4f890294c04b Find a Grave: 18984701 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Reiner Klimke, nado en Münster o 14 de xaneiro de 1936 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1999, foi un deportista en equitación alemán, que gañou seis medallas de ouro e dúas de bronce en doma clásica nos Xogos Olímpicos,[1] un récord para os deportes hípicos que foi superado posteriormente. Participou en seis olimpíadas entre 1960 e 1988, excluídas as de 1980 que foron boicoteadas pola República Federal Alemá.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Klimke estudou con Harry Boldt e Gustaf Rau.

Gañou o ouro por equipos en 1964, 1968 (ambos sobre Dux), 1976 (sobre Mehmed), 1984 e 1988 (ambos con Ahlerich), e o ouro individual en 1984 sobre Ahlerich.

As súas dúas medallas de bronce foron en eventos individuais en 1968 e 1976. Klimke tamén tivo un récord no Campionato do Mundo, gañando seis medallas de ouro: dúas individuais en 1974 con Mehmed e en 1982 con Ahlerich, e catro por equipos: 1966, 1974, 1982, 1986.

Nos campionatos de Europa foi o campión individual en 1967, 1973 e 1985 e participou en sete equipos gañadores por Alemaña Occidental (1965, 1973, 1983 e 1985 entre outros). Klimke tamén competiu no concurso completo a comezos da súa carreira. Foi membro do equipo gañador por Alemaña Occidental no concurso de tres días por equipos nos Campionatos de Europa de 1959, e finalizou 18.º no concurso individual nos Xogos Olímpicos de 1960. Tamén gañou un Grand Prix na competición de salto ecuestre en Berlín.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Reiner Klimke era fillo dun psicólogo e unha neuróloga. Coa súa esposa Ruth, tamén destacada amazona, tivo tres fillos: Ingrid, Rolf e Michael. Ingrid compite en concurso completo e doma clásica e gañou unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2008, vinte anos despois da última medalla olímpica do seu pai. Michael tamén compite a nivel de Grand Prix en doma clásica.

Klimke non só cabalgaba e adestraba, senón que dirixiu unha firma de avogados e formou parte de varias directivas, incluído o Comité de Doma Clásica da Federación Internacional de Deportes Ecuestres.

Faleceu dun ataque cardíaco aos 63 na súa cidade natal.[2] Antes da súa morte estaba a planear a súa participación nos Xogos Olímpicos de 2000.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reiner KLIMKE Arquivado 06 de setembro de 2008 en Wayback Machine., páxina web 'Beijing2008'.
  2. El maestro Reiner Klimke Arquivado 02 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., páxina web 'Doma clásica y caballos', 10 de xaneiro de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]