Praia de Arealonga, Barreiros
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Praia de Arealonga.
A praia de Arealonga é un areal galego do mar Cantábrico, situado entre as parroquias de Santiago de Reinante ao leste e San Miguel de Reinante ao oeste, no concello de Barreiros.
É unha das maiores e máis concorridas da Mariña de Lugo. Nela é tradicional a celebración dun concurso de esculturas na area o día de Santiago, 25 de xullo.