Reginaldus Libert
Reginaldus Libert | |
---|---|
Nacemento | século XIV |
Falecemento | século XIV |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | compositor |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Reginaldus Libert, ou Reginald Libert, activo entre 1424 e 1435, foi un compositor francoflamengo pertencente á escola de Borgoña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1424, Reginald Libert era magister puerorum en Cambrai, é dicir, titor responsable da educación de cativos[1]. Posteriormente chegou a ser xefe do coro da catedral de Cambrai.[2]
Recibiu a influencia de compositores como Johannes Tapissier, Nicolas Grenon, Arnold de Lantins e Guillaume Dufay, todos eles vinculados moi directamente coa escola de Bolonia. Foi un dos primeiros en utilizar o método do chamado fauxbourdon, un proceso de improvisación consistente na adición de dúas voces paralelas a unha melodía xa existente, moitas veces gregoriana, estando a parte superior unha cuarta por riba da parte intermedia, e a baixa un terzo por baixo.
Reginald Libert compuxo rondós, misas e canto gregoriano. Foi o autor da Missa de Beata Virgine, primeira misa completa da historia da música[3]. Tamén escribiu unha das variantes medievais daAve María.
Obras[editar | editar a fonte]
- Ave Maria.
- Kyrie.
- Missa plenaria da Beata Virgine.
- Mourir me voy.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Jackson, Roland. Performance Practice: A Dictionary-Guide for Musicians. Nova York, 2005. Páxina 225.
- ↑ Reginaldus Liebert (early fifteenth century). En Hoasm.org.
- ↑ "Ferveur des chants médiévaux". Culture. Le Figaro, 19 de xullo de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gustave Reese. Music in the Renaissance. Nova York, WW Norton &, 1954. ISBN 0-393-09530-4