Regina Polín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Regina Polín Rodríguez 7 de setembro de 1950 (74 anos) Covelas, España |
Alcaldesa de Guitiriz | |
2015 – 2019 ← Xosé María Teixido Núñez – Marisol Morandeira Morandeira → | |
Alcaldesa de Guitiriz | |
2003 – 2011 – Xosé María Teixido Núñez → | |
Actividade | |
Ocupación | política, filóloga, profesora de ensino secundario |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Regina Polín Rodríguez, nada en Covelas (Castroverde) o 7 de setembro de 1950, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Española pola Universidade de Santiago de Compostela, foi mestra titular de lingua Inglesa no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.
Nas eleccións municipais de 2003 presentou a súa candidatura nas listas do PSdeG-PSOE, presentándose como independente en substitución do seu marido, tamén candidato á alcaldía e deputado provincial en anteriores comicios[1]. Logo de superar por 200 votos á candidatura do PPdeG, foi elixida alcaldesa coa colaboración do único representante do BNG. Máis tarde abandonou a súa independencia co ingreso no PSdeG-PSOE. Nas eleccións municipais de 2007 acadou a maioría absoluta ó facerse con 7 concelleiros dos 13 en xogo, logro recompensado cunha acta na Deputación Provincial de Lugo na que foi nomeada delegada da Área de Economía e Facenda.
Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do candidato do PPdeG Xosé María Teixido Núlez, o cal pactou co único concelleiro de Converxencia Galega. Nas municipais de 2015 volveu encabezala candidatura do PSdeG e recuperou a alcaldía por maioría simple[2]. Nas eleccións municipais de 2019 optou por non presentarse á reeleción e foi sucedida á fronte do PSdeG por Marisol Morandeira[3], a cal logrou a alcaldía por maioría absoluta[4].
Predecesor: María José Vázquez Lorenzo |
Alcaldesa de Guitiriz 2003 - 2011 |
Sucesor: Xosé María Teixido Núñez |
Predecesor: Xosé María Teixido Núñez |
Alcaldesa de Guitiriz 2015 - 2019 |
Sucesor: Marisol Morandeira |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El País
- ↑ «Decíamos ayer», afirma la alcaldesa de Guitiriz al volver al cargo
- ↑ Regina Polín: «Traballei 16 anos en política. Hai que renovar»
- ↑ Concello de Guitiriz (ed.). "Corporación Municipal". www.concellodeguitiriz.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2019.